lunes, 10 de agosto de 2009

VAMOS A CONTAR MENTIRAS ¡TRALARA!

Domingo 9 de Agosto de 2009
FENE
A Concellería de Servizos amañará as vías de acceso ás praias de Limodre
REDACCIÓN > FERROL
O Concello de Fene, a través da área de Servizos, que dirixe o socialista José Antonio López, ven de anunciar que en breve se acometerán unha serie de traballos para mellorar o camiño de acceso ás praias da parroquia de Limodre. “Na actualidade esta estrada se atopa en bastante mal estado. O seu adecentamento é prioritario e necesario, tamén porque nestes meses de verán o número de usuarios da mesma aumenta”, explicou López.
Agárdase que nos próximos días se concrete a data de inicio duns amaños que incluirán un desbroce previo e dous regos asfálticos que melloren o firme do camiño, según poñen de manifesto desde o consistorio.
Asemade, o edil de Servizos explicaba que “se ben a estrada que se vai amañar, que é a que chega á praia de Río Sandeo, o precisa, ocorre o mes coa de Río Castro, pola que transcorre parte das obras da EDAR. É por iso que se está negociando coa empresa adxudicataria destas obras o asfaltado da mesa coa maior brevedade posible”, explicou López.
Desde a Concellería de Servizos lémbrase tamén que as tarefas de desbroce que comezaron en semanas anteriores manteranse durante todo o mes de agosto. Así, ata o de agora xa foron desbrozadas as parroquias de Fene e Magalofes, en Limodre empezarase a vindeira semana e logo continuarase co resto das parroquias. Ademais, según informan desde a referida área municipal, estanse atendendo tamén as peticións veciñais con respecto a zonas onde o desbroce é máis urxente por mermar a seguridade viaria.
DIARIO DE FERROL


Eiqui hai algo que vai mal, ou ben o responsable de servizos non se entera, ou actua de mala fe e minte coma un bellaco.


Os camiños de Magalofes NON foron desbrozados, polo menos na súa totalidade, xa que dando un paseiño pola zona da pista polideportiva se pode observar como aquelo está todo sin desbrozar.


Descoñezo si hai moitos máis sitios sin desbrozar en Magalofes, pero o que é certo é que a parroquia non esta desbrozada ao completo.


É polo que se pide un pouco máis de sinceridade e realidade antes de comunicar certas cousas na prensa, máis que nada para que a xente non se leve a enganos.


Algún ten que ser deFENEstrado!!!



3 comentarios:

  1. Tes toda a razón, o responsable de Servizos non se entera de que vai a festa. Como non espabile calquera día vanlle ir á chepa, di a todo que sí aos veciños, e logo non resolve nada, en fin outro Puentes.
    Ay señor señor canta paciencia hay que ter con estes elementos

    ResponderEliminar
  2. Pois si, pola Xunqueira de Magalofes ainda non foron desbrozar.
    Un pouco de trola si que é.

    ResponderEliminar
  3. Xa foron desbrozar pola Xunqueira, queda o persoal informado.

    ResponderEliminar