domingo, 1 de mayo de 2011

A estafa do Alcalde

Fai catro anos, os veciñ@s de Fene, recibiamos nos nosos enderezos unha atenta carta do entón candidato á Alcaldía polo PSOE, Ivan Puentes. Nela, nos pedía o voto e amosaba un resumo dos seus proxectos e ilusións con Fene no caso de sair elexido. Catro anos despois, botamoslle unha ollada a aquela carta, e lembramos con tristura a estafa que supuxo para o pobo de Fene o actual Alcalde. Fumos moitos os que creimos nas suas verbas, os que nos ilusionamos con el, e os que lle dimos o noso voto, por iso, quero recordar aquela carta que chegou ao meu enderezo, e que sin ningunha dúbida, non ten desperdicio. A carta coa cal nos estafaron vilmente.

Estimada veciña: Estimado veciño:
Como xa sabes, o 27 de maio celébranse eleccións municipais e ti tes a oportunidade de decidir, co teu voto, a composición política do noso concello para os vindeiros catro anos.
Quero animarte a participar nestes comicios, que son especialmente importantes porque o concello é a administración máis próxima ao cidadán, pero tamén porque, seguro que coincidirás comigo, Fene necesita dun novo goberno que transforme o noso pobo, que traia novas ideas, novas políticas e que, sobre todo, escoite e fale cos veciños/as. A candidatura do PSdeG-PSOE, que teño a honra de encabezar, está disposta e preparada para facer realidade eses novos tempos.
Somos conscientes da importancia que teñen estas eleccións para o futuro de Fene, e por iso os socialistas elaboramos un ambicioso programa electoral, que queremos que sexa o noso compromiso contigo.Nel comprometémonos nos vindeiros catro anos a sanear a alarmante débeda do Concello, que xa é aproximadamente de 6 millóns de euros(1.000 millóns de pesetas)a cubrir en tódalas parroquias os servizos básicos de auga, saneamento, alumeado e pavimento de camiños e a apostar pola participación cidadá, poñendo en marcha o orzamento participativo, co que cada ano serán os veciños os que decidan en que se invisten os cartos do Concello.
O emprego será a preocupación fundamental do novo goberno socialista. Durante o primeiro ano de lexislatura lograremos a ampliación de Vilar do Colo, pero para xerar emprego e riqueza en Fene debemos ademais obrigar a que as empresas que xa merecaron chan no Polígono se asenten e creen postos de traballo; Vilar do Colo é aínda un deserto.Tamén apostaremos polo estaleiro, por mantelo incrementando á súa carga de traballo e por desenvolver en parte dos seus terreos outros proxectos industriais máis rendibles e innovadores, de futuro, que creen máis emprego.Só así lograremos que o noso pobo avance e que a mocidade non teña que marchar de Fene.
Queremos tamén ordenar moito mellor o urbanismo, pensando máis nos veciños de Fene e pensando tamén en tódalas parroquias. Queremos crear máis zonas verdes e espazos públicos, recuperando a nosa costa, vivendas sociais(non se construíu ningunha nesta lexislatura) e máis vivenda de protección, transporte público entre as diferentes zonas do concello, o turno de noite da Policía Local, facer políticas específicas pensadas por e para os mozos e mozas ou facer de Fene un concello sostible dende o punto de vista medioambiental.
O futuro de Fene poder ser moito mellor que o seu presente e farémolo realidade colaborando, non confrontando, dende o Concello coas demais institucións. Por todo iso, pídoche o teu voto para a candidatura do PSdeG-PSOE, co compromiso de construír, entre todos e todas, un Fene mellor.
Un afectuoso saúdo.
Iván Puentes Rivera
Candidato á alcaldía de Fene

Agora que cada quen saque as súa propias conclusións.
E para máis recochineo e escarnio hacia o pobo de Fene, ainda ten o valor de afirmar na súa presentación no casino de Fene, o 23 de abril, diante Pepe Blanco e ducias de simpatizantes que"O máis importante de todo e que podo mirarvos aos ollos e decir que cumprimos coas liñas básicas do que prometimos cando entón pedimos os vosos votos"
Pero, ¿a os ollos de quén poderá mirar este home?

Algún ten que ser deFENEstrado!!!