jueves, 26 de agosto de 2010

Os 30 non-compromisos de Puentes contigo(II).O chiste da feira, a radio e o blog.

Implementaremos novas iniciativas:
· Desenvolveremos un Programa de Animación Comunitaria
(Dinamización asociativa e veciñal) co obxecto de promover a
participación veciñal con accións específicas en cada parroquia,
atendendo especialmente á dinamización das/os rapazas/ces, das
mulleres, dos maiores e o fomento do asociacionismo.
· Impulsaremos a Feira de Asociacións como lugar de encontro das
diferentes entidades que traballan no Concello de Fene.
· Crearemos un Servizo de Información Municipal. Aproveitando as
novas tecnoloxías (telefonía móbil, correo electrónico...) e métodos
tradicionais como as publicacións periódicas e os taboleiros informativos
nas parroquias, melloraremos a información sobre os servizos e
actividades municipais. Utilizaremos tamén as novas tecnoloxías da
comunicación (correo electrónico e sms) para mellorar as convocatorias
ás entidades e a transmisión de información do seu interese
(subvencións, becas, concursos, etc.).
· E Potenciaremos canles de comunicación permanente coa cidadanía,
que incluirán entre outras as seguinte medidas:
1. Programar un espazo na radio (semanal ou mensual) onde o
alcalde recolla suxestións, queixas, reclamacións, etc.
2. Incluír na páxina web un blog do alcalde e información relativa ao
concello, habilitar utilidades para poder descargar documentos de
interese, facer enquisas, etc






Pois resulta que ía crear unha Feira de Asociacións, e para feira en Fene, a do cabalo de Magalofes, da outra nadiña.

Pois resulta que ía crear un programa na radio para atender ao pobo, pero iso da moito choio, ademáis hai moito pesao que seguro que non pararía de chamar.

Pois resulta que ía crear un blog,¡ pero si xa o ten!, un pouco abandonado eso si, pero existir existe ainda que non ten ningunha utilidade para os veciñ@s, ademáis agora co facebook xa está todo iso solucionado.



Algún ten que ser deFENEstrado!!!