jueves, 24 de junio de 2010

Os 30 non-compromisos de Puentes contigo.O conto do orzamento participativo.

1. PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Xestión participativa
Co novo goberno socialista serán os/as veciños/as de cada parroquia os que
decidan cada ano en que vai investir o Concello os cartos de todos; nisto
consiste o orzamento participativo que porá en marcha o PSdeG-PSOE.
Ademais crearase unha comisión veciñal que supervisará o
desenvolvemento das diferentes actuacións;
o Concello comprométese a non
rececionar estas obras ata que os veciños e veciñas non lles dean o visto bo.
Os socialistas de Fene situaremos á cidadanía no centro da vida política do
Concello, para isto crearanse instrumentos de participación social:
1. Consello do Orzamento Participativo. No primeiro ano de lexislatura
crearemos este órgano constituído por representantes parroquiais,
representantes das asociacións, especialistas de recoñecido prestixio,
etc.. A súa función será a de elaborar propostas orzamentarias (como e
onde se deberían investir os cartos do Concello de Fene) de xeito
gradual ó longo da lexislatura. O Consello Participativo manterá
anualmente dúas xuntanza monográficas dedicadas en exclusiva a tratar
as seguintes temáticas:
- Planificación interanual e grandes proxectos
- Suxestións e Reclamacións
2. Consello da Xuventude
3. Consello do Maior
4. Consello da Cultura, Biblioteca e o Deporte
5. Xunta Veciñal de Seguridade
6. Consello Do Urbanismo Sostible
7. Revitalización do Consello Escolar
8. Revitalización do Consello Local de Saúde
9. Revitalización do Consello de Radio Fene - Radio Fusión

Esto é un anaco do programa electoral de Puentes en Fene, un dos 30 compromisos contigo, no cal, e logo de máis de tres anos nos que os veciños ían a decidir en que obras se ián investir os orzamentos, e inclusive darlle o visto bo, nos atopamos máis palabrería barata, nin os veciños elixen as obras(có fraude dos presupostos participativos de Sillobre e S. Valentín), nin son capaces de facer os presupostos, nin os veciños dan vistos bos ás obras.

Eso si, queda bonito de carallo iso de "comisión veciñal que supervisará o desenvolvemento das diferentes actuacións".

Algún ten que ser deFENEstrado!!!

miércoles, 2 de junio de 2010

Escrito do ANPA do CEIP Os Casais de Maniños.

De seguido amosovos un escrito enviado polo ANPA do CEIP Os Casais ao Sr. Alcalde de Fene solicitandolle solucións a unha serie de problemas:

Imaxe de pintada no camiño, a carón do colexio de Os Casais, reclamando sinalización

ANPA DO CEIP OS CASAIS
Lg. Casal, s/n15520
MANIÑOS
D. IVÁN PUENTES RIVERA
ALCALDE DO CONCELLO DE FENE
Maniños , 27 de maio de 2010
Sr. Alcalde,En relación coa reunión mantida por parte de Dna. Cristina Pérez, Dna. Mª Carmen Martinez, Dna. Pilar Rodríguez, Dna. Teresa Sanjuán, Dna. Sonia Rico e Dna. Manuela Espiño en representación da ANPA RIO DE VA do CEIP Os Casais con vostede e coa conselleira de Cultura Dna. Carmen Silvar Canosa o pasado día 11 de maio do ano en curso, desexamos expresar o seguinte:
Consideramos que por parte de vostede estase a tratar de forma discriminatoria xa non so ao CEIP Os Casais senon ao resto dos centros de ensino do termo municipal, salvo algunha excepción que como xa todos sabemos “toda regra a ten”Do compromiso de facer fronte por parte do Concello aos gastos de transporte para que o centro dos Casais poda levar a cabo as excursions previstas de realizar, sen que isto supoña un gasto excesivo para os pais e nais, a día de hoxe continuamos á espera da súa confirmación telefónica .
Do escrito presentado no que se relacionaba as obras e investimentos que consideramos prioritarias de realizar nos centros de ensino, xa estamos a piques de rematar o curso escolar e a día de hoxe no se fixo absolutamente nada.
Seguimos á espera das explicacións de por que non están aboadas as subvencións municipais do ano 2009, cando o compromiso adquirido por vostede o pasado día 21/12/2009 foi que ditas axudas “estarían abonadas antes do 21/03/2010”.
Por todo elo, e como aínda recordamos o seu interese polo estado dos centros de ensino cando vostede estaba na oposición e se ofrecía a manter reunións coa representación da ANPA para coñecer as nosas demandas, dende esta mesma ANPA queremos emprazalo a que fixe unha data antes do remate do actual curso escolar, tanto a vostede, como alcalde, como á Sra. concelleira de Cultura, para que explique a toda a comunidade educativa o por que do que nós consideramos deixadez do Concello de Fene co noso centro de ensino, xa non só nos temas aquí comentados senon tamén outros dos que o Concello xa ten sobrado coñecemento: pavés, humidades, pintado interior etc.Iso sí, no caso de que nos honrara coa súa visita, prégolle nos traia feitos e solucións ás nosas demandas, non só compromisos que como xa o tempo demostrou, non nos sirven absolutamente de nada.
A espera dás súas noticias, reciba un atento saúdo,
Sinatura,
Presidenta en funcións da ANPA CEIP Os Casais
1 de junio de 2010 22:57