miércoles, 17 de febrero de 2010

As comparacións son odiosas.

¿Qué parecido hai entre Julio Iglesias ( O cantante non, o Alcalde de Ares) e Iván Puentes ( Que non é cantante, ainda que ás veces o pareza)?

A primeira vista, ambos son alcaldes, ambos son do Psoe (ainda que Julio Iglesias saeu gañador no congreso provincial do Psoe, e Puentes saeu deFENEstrado) e ambos teñen paxina web nos seus respeitivos Concellos, cun apartado no cal o pobo pode contactar có Alcalde.
Eiqui está a comparación na que difiren:
Namentras en fenecidadan hai un liña directa có alcalde onde os veciños poden amosar as súas consultas, suxestións ou queixas, das cales xa houbo algunhas queixas que non se facia caso, e ademáis ninguén sabe si se fai caso, e cousas que pregunta algún cidadán que poden ser de interese xeral quedan na privacidade, temos en Ares, concellodeares onde as preguntas dos veciñ@s ao Alcalde son respostadas por este na páxina web do concello de Ares.


Exemplo 1, caso Fene:
Contacta co alcalde
Pode contactar co alcalde mediante o cumprimento do seguinte formulario para achegarlle suxestións, solicitudes de información, presentar queixas ou proporlle iniciativas sobre calquera tema de competencia municipal.
Lembre que os campos do formulario son obrigatorios
Nome
Correo
Lugar
Asunto Consulta Suxestión Queixa
Mensaxe
E aqui quedamos, xa non sabemos nada máis, e o Alcalde contesta si lle peta.


Exemplo 2, caso Ares:

Concello
O Alcalde responde
Este apartado está destinado a que os veciños de Ares e as súas zonas rurais poidan escribir as súas inquietudes ao Alcalde.
O sistema permite que os cidadáns escriban unha pregunta, opinión ou denuncia previo rexistro dos seguintes datos persoais:
Nome e apelidos.
DNI(este dato permanecerá oculto e non será publicado na web).
Teléfono de contacto (este dato permanecerá oculto e non será publicado na web).
O Alcalde responde
Autor
corte del agua
J.Adrian Anllo Montengro
25/01/2010
Hola muy buenas, mi pregunta es sobre el corte de agua que se llevo a cabo el 25 de enero sin previo aviso, porque yo personalmente no me entere ni personas con las que he tenido contacto también las ha cogido por sorpresa, si ese corte es debido a una avería o a un corte por obras lo cual debía ser comunicado
O Alcalde responde
Hola Adrián:El corte de agua del pasado 25 de enero se produjo por la rotura de una tubería por parte de la empresa que está llevando a cabo las obras de la EDAR en la avenida de Redes y el Mazote. Según me informaron, al no existir planimetría de esa zona, ya que ese abastecimiento es bastante antiguo, se realizaron unos cálculos que, finalmente, no se correspondían de forma exacta con la realidad y, al picar con la máquina, se produjo este accidente. De todos modos, la empresa solventó el problema a la mayor brevedad posible, quedando el servicio totalmente operativo de nuevo a las seis horas del suceso.Entiendo las molestias que producen este tipo de sucesos, si bien a veces es inevitable que ocurran, máxime como en este caso, dado que carecíamos de planos sobre la situación de esas tuberías. Aquellas personas que hayan sufrido alguna avería o perjuicio debido a este corte de agua, como puede ser la rotura de una lavadora por lavar en seco algún tiempo, podrán presentar sus reclamaciones en el Concello, ya que si bien se trata de una obra de la Xunta, la administración local se compromete a hacerlas llegar a la empresa adjudicataria. En todo caso, disculpe las molestias que le haya podido ocasionar.Un saludo:Julio Iglesias


E aqui observamos como o Alcalde de Ares "se molesta e digna" en contestar a un veciño sobre un problema que tivo relacionado cun corte de auga.

Estos son os pequenos detalles que fan que os Alcaldes sexan distintos, uns adicados a facer propaganda nas webs e outros respostando as inquedanzas dos veciños de xeito público e notorio.
Transparencia e claridade contra opacidade e oscuridade.


Algún ten que ser deFENEstrado!!!

martes, 2 de febrero de 2010

De Toro a Touro pasando por Bueymuerto.

A NOSA TERRA



'Desván de los Monjes'
29.01.2010 12:21




Estabamos tristemente acostumados a escachar de risa cada vez que aquel conselleiro de (suposta) Cultura do fraguismo, Xesús Pérez Varela, facía das súas e se refería a “Carmiña Burana” como unha fantástica cantante galega ou cando afirmaba que na programación do Xacobeo se incluían fantásticas actuacións como a de Ainhoa e máis a de Arteta, xunto con Berrugueto, Masive Atrak ou Cheminal Broters. Parecía imposíbel superalo, pero para sorpresas, contacten vostedes co goberno de Feixóo.
Se non fose pola cantidade de testemuñas presentes, diría que foi froito do meu malévolo maxín, pero resúltame difícil explicar a cara que puxen cando lle escoitei a semana pasada en FITUR ao actual conselleiro de Cultura, Roberto Varela, afirmar ante centos de persoas, profesionais do turismo a meirande parte, que o Camiño de Santiago pasa por localidades tan fermosas como “Toro”, enténdase Touro, ou “Desván de los Monjes”, que logo duns minutos de conmoción neuronal cheguei a asimilar que se trataba de Sobrado dos Monxes.
Mais aló do imperdoábel erro, por moito que lle intenten botar a culpa ao tradutor, o alarmante é o que denota, que non é outra cousa que o nulo coñecemento da realidade galega e o nulo respecto á nosa lingua que ten o conselleiro. Cando sae á luz a verdadeira alma deste goberno do PP é moito máis doado de comprender o porqué de aberracións como o decreto do galego.
Por iso, o problema non é que queiran introducir o inglés no ensino a costa do galego, que queiran facer un novo decreto ou incluso que algúns crean parvadas como que o castelán está en perigo en Galicia. O verdadeiro problema é que padecen galegofobia, que non cren na normalización do idioma e que o que lles gustaría de verdade é desterralo das aulas.
Ao tempo que o conselleiro patinaba en FITUR milleiros de persoas manifestábanse en Compostela a prol do galego. Non o sabían aínda, pero Varela estáballes a dar a mellor mostra de que a loita na rúa para protexer o noso idioma non só está xustificada, senón que é máis necesaria que nunca. Eles non, pero nós, a inmensa maioría do país, si que queremos galego!



Iván Puentes



Interesante artigo escrito polo Alcalde de Fene, D. Iván Puentes no diario " A Nosa Terra" o pasado 29 de xaneiro. Nel, aparte de atacar, como non, todo o relacionado có PP, fai de ilustre galeguista e adalid da defensa do galego, afirmando sen fisuras que "a loita na rúa para protexer o noso idioma non só está xustificada, senón que é máis necesaria que nunca.Eles non, pero nós, a inmensa maioría do país, si que queremos galego!



Da gusto ter un Alcalde así, disposto a sair á rúa para defende-lo galego, pero a realidade e outra, posto que si facemos memoria, ao pouco tempo das eleccións autonómicas, este persoeiro e outros sacaron seguinte manifesto:




















Manifesto 11 de marzo do 2009.
SUMANDO IDEAS PARA O SOCIALISMO GALEGO
Os socialistas galegos debemos facer unha profunda reflexión sobre a mensaxe que a cidadanía de Galicia nos transmitiu o pasado 1-M, e ao tempo dar un paso adiante...



...Unha Galicia políglota, na que se eduque aos nosos fillos/as en galego e castelán, garantindo o coñecemento e correcto uso de ambas linguas ó rematar o ensino obrigatorio e aberta á incorporación de terceiras linguas. Un País sen divisións entre iguais nin imposicións e onde a nosa cultura sexa unha importante oportunidade de proxección exterior...



E o que asina en sexto lugar é precisamente o noso Alcalde, pedindo claramente unha Galicia políglota galego-castelán e aberta a máis linguas.


É por iso Ivanciño, que non te columpies, facendo agora de Caudillo-Salvador ou Cid Campeador Galaico do galego cando non fai nin un ano, pedias o famoso bilingüismo harmónico.





E polo tema de Touro-Toro, non te estreses home, pois xa deberías saber que os nomes, moitas veces cambian en función do idioma que se fala, tanto é asi que cando nos referimos a esa Alemaña que tanta gracia nos fai cando a oimos no telexornal, non nos decatamos que o seu nome oficial é Deutschland, que é como lle chaman os alemáns, ainda que os portugueses lle chaman Alemanha, os ingleses Germany, os finlandeses Saksa, os holandeses Duitsland, os italianos Germania, os polacos Niemcy, os noruegos Tyskland, os albano-kosovares Gjermani, e asi ata que queiras, xa que cada idioma ten unha maneira.





Ademáis, non te esforzes moito que os feneses xa sabemos que ainda que te expresas moi ben en galego cando o falas, sobre todo si é cara ao público, mitines, entrevistas,... na intimidade e na privacidade eres máis ben españolito-hablante.





Deixate de marear a perdiz e atende ao que tes que atender.





Algún ten que ser deFENEstrado!!!