viernes, 22 de mayo de 2009

Con Massiel el la,la, la. Con Puentes el bla, bla, bla.

Pois, si:
-Ano sesenta e pico, Massiel gaña Eurovisión có la,la,la.
-Ano dous mil e pico, Puentes goberna Fene có bla,bla,bla.

Novos orzamentos anualidade 2007

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista, Iván Puentes está demandando do grupo do BNG o inmediato inicio das negociacións e tramitación do orzamento para o ano 2007, pois a lei obriga a aprobalo antes de rematar o ano 2006, e o actual goberno ten o insán costume de aprobalo a mediados de ano, o que provoca o retraso ou directamante a non execución das obras contempladas neles.De novo, ante a desidia do equipo de goberno, é o Grupo Municipal Socialista quen ten que velar polos intereses dos veciños/as.

Estas son as declaracións do Sr. Puentes no ano 2006, relatadas no boletin nº 3, de "Fene Socialista".

FENE

El BNG culpa al PSOE del retraso en la aprobación de los presupuestos

REDACCIÓN > FERROL


El BNG urge a su socio de gobierno en el Concello de Fene la aprobación de los presupuestos para el presente ejercicio.

Al margen de dejar claro que su interés por el asunto ya quedó demostrado hace escasos días al solicitar una reunión de la comisión de seguimiento del pacto de gobierno, desde las filas de los nacionalistas se insiste en mantenerse al margen de la demora con la que se está tratando el asunto señalando dos cuestiones. Por un lado que las cuentas que pueden estar en manos de los nacionalistas entraron por registro el día 29 del pasado mes de abril y, por el otro, que el BNG promovió una moción, aprobada en el mes de septiembre, en el sentido de asumir el compromiso de presentar el presupuesto antes del día 30 del pasado mes de noviembre.

En cuanto a la necesidad de agilizar la contabilidad municipal para el presente año, el BNG señala que la carencia de los presupuestos “contribue á paralise da maquinaria municipal, imposibilita a programación de novas obras non consignadas en anos anteriores á aprobación da Oferta Pública de Emprego para o 2009, do plan de investimentos e a publicación de novas bases de subvención ás sociedades culturais, deportivas e cidadáns”.

Esta nova sae hoxe no xornal "Diario de Ferrol".




Conclusións:

1- O mundo ao revés.

2- O Sr. Puentes ten unha importante falla de memoria.

3- O Alcalde ten que aplicarse o conto, xa que estamos chegando a xuño e nin hai ,nin se agardan presupostos.

4- Parece que daquela a lei obrigaba a te-los presupostos antes de remata-lo ano anterior, .¡Agora debeu cambiar a lei, polo menos para Fene!!

5- Si cando gobernaba o BNG habia desidia do grupo de goberno, ¿Agora que hai?. ¿EFICACIA?.


Resume:Bla, bla, bla...


Algún ten que ser deFENEstrado.






domingo, 17 de mayo de 2009

POLA BOCA MORRE O PEIXE

- Os militantes do PSdeG-PSOE propóñeno como
candidato para tentar acabar con décadas de goberno
do BNG en Fene. Por que?
Porque creo nun novo Fene. Confío ó 100% nas posibilidades
do meu Concello, aínda que agora estean desperdiciadas
por un goberno municipal cansado e co proxecto
esgotado. Eu aporto ideas novas, máis de 10 anos dedicados
á política e un equipo de persoas formadas e con
experiencia que non permitirán que se defrauden as esperanzas
e ilusións dos/as veciños/as. Fene necesita un novo
goberno, o cambio socialista que xa se produciu en España
e Galicia.
- E, que alternativas ofrece vostede?
Un Fene novo. É preciso garantir o básico, camiños, auga,
alcantarillado, viais axeitados, aceras... pero impulsando,
ó mesmo tempo, os grandes proxectos e infraestruturas:
ronda oeste, auditorio, zonas verdes, saneamento da ría,
vivendas sociais, casa da xuventude... En definitiva, modernizar
Fene.
A creación de emprego, defendendo o naval e atraendo
a Fene novas empresas, ocupará a maior parte do noso
traballo, algo que non se está a facer. Porei un só exemplo,
temos un dos polígonos industriais mellor comunicados de
España e, sen embargo, está practicamente baleiro. Fene
ten posibilidades reais de crecemento, só necesitamos crer
de verdade nelas e, sobre todo, ter políticos que traballen
para facelas realidade.
Tamén é necesario sanear as contas municipais, reducindo
a débeda, e corrixir os desaxustes urbanísticos.


Este é un anaco da entrevista do candidato á alcaldía D. Ivan Puentes Rivera no boletín nº 3, de "Fene Socialista" no ano 2006.
Como comentario de texto, é curioso, cando menos oir falar de garantir o básico,
"auga, alcantarillado", ¿En donde, como, cando?.
"ronda oeste, auditorio, saneamento da ría,vivendas sociais, casa da xuventude"¡Estou cego, ainda non vin ren disto!
"defendendo o naval" Aqui te "colaches" rapaz, seica o naval se defende coa abstención na moción do pleno e outras cousas, e como broma é de moi mal gusto.
"corrixir os desaxustes urbanísticos" Esto si o entendo, paralizo as licenzas de obras e xa corrixo os desaxustes, non se fai ren e asi non hai desaxustes, moi ben pensado!!



Algún ten que ser deFENEstrado !!!