lunes, 3 de agosto de 2009

Falando da Rubber, ¡Non se ruboriza!

O PSOE fenés urxe ó Concello unha solución para as miles de toneladas de neumáticos amoreadas na Rubber

Na antiga fábrica hai abandonadas miles de toneladas de caucho entre maleza.

15/11/2006

O voceiro do grupo municipal do PSdeG-PSOE en Fene, Iván Puentes, demandou ó Concello unha solución ó grave problema sanitario e medioambiental creado na Ruber co abandono de miles de toneladas de neumáticos tralo peche da fábrica. Puentes aproveitou o pleno municipal celebrado onte para trasladar ó equipo de goberno as denuncias que teñen recibido os socialistas por parte dun importante número de veciños respecto á situación na que se atopa a nave desta antiga factoría de recauchutados

NOTICIA APARECIDA NA PÁXINA DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE FENE

Pois si, xa hai case que tres anos había un grave problema sanitario e medioambiental co abandono de miles de toneladas de neumáticos, e AGORA TAMÉN.
O verano xa está aqui,e ainda que non temos bo tempo, este pode chegar en calquera momento, e o perigo dalgún lume que se aproxime ao lugar tamén.
A contaminación que se estaba a producir daquela, suma e segue.

Feitos consumados ata o de agora, nadiña de nada, levamos a metade da lexislatura e non se tomou ningunha medida.

¿Seguiran recibindo os socialistas denuncias por parte dun importante número de veciños?

Pois seguramente que non, posto que para recibir denuncias, primeiro hai que atender á xente, e esto agora mesmo na Casa Consistorial e sumamente complicado, polo menos por parte do daquela voceiro e agora Alcalde.

¿Fará o Alcalde algo para solucionar este tema?

Ja, ja, ja, me lo dices o me lo cuentas...

Algún ten que ser deFENEstrado!!!

5 comentarios:

  1. Congratulome de que alguén lle recorde ao páxaro este o que dicía fai uns meses, todo é fume, todo é quedar ben na prensa, dá igual o que lle digas á cara, sempre ten resposta para todo, pero como llo quites na prensa aí si que actúa como actor interpretando o seu papel para quedar ben de cara á galería, e a grabar a seguinte escena.

    Pero non é so a Rubber, no seu blog contestaballe a unha tal Marta hai case dous anos que xustemente acababan de aprobar o proxecto de asfaltado do seu camiño na Torre, " o camiño segue sen asfaltar a día de hoxe", vaia elemento.

    ¡¡¡ DIOS QUE DOUS ANOS QUEDAN¡¡¡, pobres veciños.

    ResponderEliminar
  2. Menos mal que está a chover que se non,.... coma algún día ardan os neumáticos a ver que dí o figura do alcalde.

    ResponderEliminar
  3. Contestoche eu home, dirá algo así coma; bla..bla..bla..bla..bla e mais bla.

    ResponderEliminar
  4. Los neumáticos de Rubber sin que ello sea un disparate cuantitativo alcanzan numeralmente lo 6 millones, semejante volumen es un peligro; de entrar en combustión me río de la alarma que preconiza en concejal de Urbanismo con la Planta de Gas.


    Sin duda Fene no es que tenga un Gobierno ineficaz,
    solo, que estamos gobernados por impresentable, que se deje de incondiar con Mugardos y ponga solución a los asuntos de su competencia y reponsabilidad. NEUMATICOS FUERA DE FENE…!

    ResponderEliminar
  5. Non vos preocupedes pola Rubber, que o Ilustrisimo Alcalde de Fene xa lle puxo vixiancia.
    Nada máis e nada menos que un ex-lider historico do Psoe fenés, teniente de alcalde nas primeiras eleccións, reside no lugar e fai de vixiante, conserxe e bedel.
    No problem!

    ResponderEliminar