viernes, 14 de octubre de 2011

Noraboa, ex-Alcalde.

Iván Puentes defiende la idea de captar agua del Eume para los concellos de la ría


Los socialistas de Fene anunciaron públicamente su oposición al “acordo unilateral” del Concello de Ferrol de subir el coste del agua a los municipios de la ría a los que se suministra desde el embalse de As Forcadas.
El portavoz del PSOE fenés, Iván Puentes, aseguró que en el caso de que finalmente se materialice ese incremento del precio se defenderá la iniciativa de dejar de comprar el agua a Emafesa. “Chegado o momento, os socialistas de Fene reclamaranlle á Xunta a construción dunha traída de auga propia desde o río Eume, á que, ademais de Fene, se poderían enganchar se así o quixesen os demais concellos das rías de Ferrol e Ares”, explicó el edil socialista. Esta alternativa ya se barajó hace seis años, recordó Puentes, como medida para resolver los problemas de abastecimiento de municipios como Cabanas, Ares o Pontedeume. La iniciativa consiste en la captación de agua del río Eume desde el pantano de Goente (As Pontes), al igual que en la actualidad hacen concellos como A Capela. El suministro se realizaría por la red existente y podría ampliarse a los municipios interesados en sumarse a este proyecto.
El PSOE de Fene asegura que en caso de adoptarse esta solución, “poríase punto final á chantaxe histórica á que Ferrol ven sometendo cada certo tempo aos concellos da ría co prezo da auga”. Asimismo, los socialistas aseguran que esta traída independiente de Ferrol resultaría más económica porque el agua llegaría por gravedad a todos los puntos de Fene, “podendo prescindir dos custosos bombeos que actualmente consumen unha gran cantidade de electricidade e cartos”.


Noraboa ao ex-Alcalde fenés, Iván Puentes, é difícil saber si esta idea é razoablemente realizable económicamente, pero polo menos é unha idea, que xa non é pouco.
Sobraba decir o de "chantaxe histórica por parte de Ferrol", posto que nos últimos catro anos, cando gobernaba o Psoe en Fene e en Ferrol, non se oeu nada pola súa parte.
Quedemonos coa idea de traer a auga do Eume, haberá que tela en conta e mirar as posibilades reais.
Por iso, noraboa de novo a Iván Puentes pola idea, e a ver si vai resultar que este home é máis capaz na oposición que no goberno, quizais, e logo da experiencia vivida estes anos, e posible que o lugar onde realmente é útil ao pobo de Fene, sexa de portavoz na oposición municipal.

lunes, 22 de agosto de 2011

O cabaleiro revolucionario do PS de G.

Las críticas de las Xuventudes Socialistas molestan a la dirección del PSdeG

  • Xuventudes Socialistas pide una 'completa renovación' del PSdeG
  • La dirección dice que es una 'estrategia' del sector de Lage y Barcón
  • María Torres asegura que hay que aceptar las 'críticas'
  • Iván Puentes insta al PSdeG a 'reflexionar' sobre sus posturas de izquierda

La situación interna del PSdeG, lejos de apaciguarse, aumenta. Y es que la propuesta de resolución que aprobó este fin de semana el Comité Nacional de Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG), y que pide un cambio de rumbo en la política del PSdG, ha causado malestar en la dirección de este partido, que acusa a este grupo de estar "dirigidos en la sombra" por José Manuel Lage, Mar Barcón e Iván Puentes.

Tanto Lage como Puentes, además de Mar Barcón, forman parte de un núcleo de dirigentes que se han manifestado abiertamente críticos con los resultados cosechados por el PSdeG en las pasadas elecciones municipales. Por ello, han pedido a la Ejecutiva socialista gallega "cambios profundos", tanto en el discurso político, como en la dirección. Precisamente en esa misma línea van las críticas de XSG que aprobó una propuesta de resolución en la que reclaman al PSdeG "un cambio de rumbo real" para conectar mejor con la sociedad gallega.

La organización de las juventudes socialistas pide que se abra un proceso de debate ideológico y organizativo para que el PSdeG realice una "completa renovación" del modelo de partido porque "cada día está más alejado" de la sociedad gallega y que "se fortalezcan" los canales de participación de los militantes. También han pedido que se convoque una conferencia política en septiembre que facilite el debate y la participación social de los ciudadanos para elaborar el programa electoral así como "canales de comunicación" con la sociedad para acercarse más a sus demandas.

Además, los jóvenes socialistas han propuesto que se haga efectiva una bajada de la barrera de representatividad del 5% para el acceso al Congreso de los Diputados, Parlamentos Autonómicos y Corporaciones locales.

'Presión' a la dirección socialista

Sin embargo, estas peticiones, son para la dirección socialista una "cortina de humo" que tienen como finalidad "presionar" a la dirección socialista gallega. "La verdad es que no me extraña nada que sea una nueva estrategia de Lage y compañía", comenta un dirigente de la Ejecutiva socialista próximo a Pachi Vázquez.

La dirigente de XSG, María Torres. | XSG

La dirigente de XSG, María Torres. | XSG

Y va más allá. "XSG es una organización endogámica. Todos lo saben", apunta al señalar las relaciones familiares que existen entre Lage, Dolores Amoroso, ex secretaria general de esta organización y la actual, María Torres. "Además quién va a hacer caso de una organización juvenil que es la peor, con diferencia, cuantitativa y cualitativamente de los tres grandes partidos", agrega la fuente consultada que está convencida de que las reclamaciones de XSG forman parte de una "estrategia" para "presionar" a la Ejecutiva gallega.

Unas críticas que no comparte, en absoluta, María Torres. "Lo que pedimos no es una cuestión puntual, sino que lo hemos reclamado desde que existimos. Es necesario una renovación cada cierto tiempo y no sólo de personas, sino de estructuras políticas", asegura en declaraciones a ELMUNDO.es.

Entender las críticas

Así, insiste en que la "altura política" de los líderes de su partido está en que "entiendan las críticas". "Lo que proponemos va en plan positivo y hay, también, cierta autocrítica, porque formamos parte del PSdeG", insiste.

Por eso, aclara que lo que pide XSG es que "se escuche a la sociedad", especialmente, tras la aparición de movimientos como el 15-M. "La sociedad evoluciona y eso es sano. Por eso, el PSdeG no puede estar ausente de lo que ocurre en nuestro entorno", asegura.

De la misma opinión es Iván Puentes, ex alcalde de Fene y presidente del Comité Nacional de XSG. "Es oportuno que se hagan esas reflexiones", asegura al tiempo que insiste que el PSdeG debe "reflexionar" desde posturas de izquierda para hacer frente a la actual crisis económica. "Tenemos que buscar fórmulas para salir de la crisis y para enfrentarnos al nuevo mundo que hay que construir", asegura en declaraciones a ELMUNDO.es.

Estrategia

"¿Y por qué no hizo esa reflexión mientras era alcalde de Fene?", espetan las fuentes consultadas de la dirección socialista que insisten en que la propuesta aprobada por XSG "es una estrategia para fastidiar" a la dirección socialista.

El enfrentamiento entre la dirección socialista y este sector, principalmente del PSOE de A Coruña, viene lejos. Lage, actual parlamentario, lideró una candidatura alternativa a la de Salvador Fernández Moreda, ex presidente de la Diputación de A Coruña y aún presidente provincial del PSdeG. Desde entonces, las relaciones entre éste grupo y la dirección socialista han sido tensas y han degenerado tras las elecciones locales. Después de la pérdida de las tres grandes ciudades de A Coruña, tanto Lage como Mar Barcón han pedido que se tomen "medidas" y se "renueve" el partido. Una clara alusión a Fernández Moreda para que presentara la dimisión.


Cando a blackberry e o facebook lle dan un pouco de tregua, o ex-alcalde Puentes adicase agora a "recomendar" a os dirixentes do seu partido a reflexionar sobre as posturas de esquerda, as mesmas, por suposto, que aplicou no seu breve paso pola alcaldía fenesa.

E para remata-la faena " manifestase abertamente crítico cos resultados colleitados polo PS de G nas pasadas eleccións municipais", Pero.... ¿como?...... resulta que o PS de G perdeu as eleccións en Fene por culpa dos dirixentes!!!!!!!

Non sei que pasa, pero cada vez que Puentes fala, soa a ruido de sables na dirección socialista. Vai ser que se aproximan as eleccións xerais e hai que ir afiando e sacando os coitelos.

Xa cheira a sangue quente no aire!!!

Algún XA foi deFENEstrado!!!

domingo, 1 de mayo de 2011

A estafa do Alcalde

Fai catro anos, os veciñ@s de Fene, recibiamos nos nosos enderezos unha atenta carta do entón candidato á Alcaldía polo PSOE, Ivan Puentes. Nela, nos pedía o voto e amosaba un resumo dos seus proxectos e ilusións con Fene no caso de sair elexido. Catro anos despois, botamoslle unha ollada a aquela carta, e lembramos con tristura a estafa que supuxo para o pobo de Fene o actual Alcalde. Fumos moitos os que creimos nas suas verbas, os que nos ilusionamos con el, e os que lle dimos o noso voto, por iso, quero recordar aquela carta que chegou ao meu enderezo, e que sin ningunha dúbida, non ten desperdicio. A carta coa cal nos estafaron vilmente.

Estimada veciña: Estimado veciño:
Como xa sabes, o 27 de maio celébranse eleccións municipais e ti tes a oportunidade de decidir, co teu voto, a composición política do noso concello para os vindeiros catro anos.
Quero animarte a participar nestes comicios, que son especialmente importantes porque o concello é a administración máis próxima ao cidadán, pero tamén porque, seguro que coincidirás comigo, Fene necesita dun novo goberno que transforme o noso pobo, que traia novas ideas, novas políticas e que, sobre todo, escoite e fale cos veciños/as. A candidatura do PSdeG-PSOE, que teño a honra de encabezar, está disposta e preparada para facer realidade eses novos tempos.
Somos conscientes da importancia que teñen estas eleccións para o futuro de Fene, e por iso os socialistas elaboramos un ambicioso programa electoral, que queremos que sexa o noso compromiso contigo.Nel comprometémonos nos vindeiros catro anos a sanear a alarmante débeda do Concello, que xa é aproximadamente de 6 millóns de euros(1.000 millóns de pesetas)a cubrir en tódalas parroquias os servizos básicos de auga, saneamento, alumeado e pavimento de camiños e a apostar pola participación cidadá, poñendo en marcha o orzamento participativo, co que cada ano serán os veciños os que decidan en que se invisten os cartos do Concello.
O emprego será a preocupación fundamental do novo goberno socialista. Durante o primeiro ano de lexislatura lograremos a ampliación de Vilar do Colo, pero para xerar emprego e riqueza en Fene debemos ademais obrigar a que as empresas que xa merecaron chan no Polígono se asenten e creen postos de traballo; Vilar do Colo é aínda un deserto.Tamén apostaremos polo estaleiro, por mantelo incrementando á súa carga de traballo e por desenvolver en parte dos seus terreos outros proxectos industriais máis rendibles e innovadores, de futuro, que creen máis emprego.Só así lograremos que o noso pobo avance e que a mocidade non teña que marchar de Fene.
Queremos tamén ordenar moito mellor o urbanismo, pensando máis nos veciños de Fene e pensando tamén en tódalas parroquias. Queremos crear máis zonas verdes e espazos públicos, recuperando a nosa costa, vivendas sociais(non se construíu ningunha nesta lexislatura) e máis vivenda de protección, transporte público entre as diferentes zonas do concello, o turno de noite da Policía Local, facer políticas específicas pensadas por e para os mozos e mozas ou facer de Fene un concello sostible dende o punto de vista medioambiental.
O futuro de Fene poder ser moito mellor que o seu presente e farémolo realidade colaborando, non confrontando, dende o Concello coas demais institucións. Por todo iso, pídoche o teu voto para a candidatura do PSdeG-PSOE, co compromiso de construír, entre todos e todas, un Fene mellor.
Un afectuoso saúdo.
Iván Puentes Rivera
Candidato á alcaldía de Fene

Agora que cada quen saque as súa propias conclusións.
E para máis recochineo e escarnio hacia o pobo de Fene, ainda ten o valor de afirmar na súa presentación no casino de Fene, o 23 de abril, diante Pepe Blanco e ducias de simpatizantes que"O máis importante de todo e que podo mirarvos aos ollos e decir que cumprimos coas liñas básicas do que prometimos cando entón pedimos os vosos votos"
Pero, ¿a os ollos de quén poderá mirar este home?

Algún ten que ser deFENEstrado!!!

lunes, 21 de marzo de 2011

Iván sempre quixo cambiar o mundo.

Puentes comprométese a que os veciños sexan os que decidan en que vai investir o Concello os presupostos

Ricardo Varela destaca a capacidade e vontade de cambiar as cousas do alcaldable socialista durante a presentación da súa candidatura.

29/04/2007 La Voz de Galicia

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Fene, Iván Puentes Rivera, subliñou hoxe que “o 27 de maio, despois de 28 anos, en Fene por fin haberá cambio de goberno”. E é que “non podemos seguir así catro anos máis. Precisamos novos tempos, un novo goberno con ilusión, con novas ideas, que fale e escoite ós veciños e, sobre todo, con moitas máis ganas de traballar que o BNG”. Nestes termos se expresou esta tarde Puentes Rivera na presentación da súa candidatura nun acto no que estivo arroupado polo secretario de Organización do PSdeG-PSOE e actual conselleiro de Traballo, Ricardo Varela; pola secretaria xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, Loli Rodríguez, e por veciños e cargos do partido na comarca de Ferrolterra.
Iván Puentes comezou a súa intervención lembrando que “hai uns días pasaron polo pleno os presupostos para o 2007” e apuntou que “estes poden ser unha boa radiografía de como estamos”. Así, explicou que “temos un orzamento de 10 millóns e unha débeda total de seis”. É dicir, “debemos 1.600 millóns das antigas pesetas a bancos e a empresas e autónomos ós que contratamos algún servizo”. Deste xeito, o socialista indicou que “está claro por que o Concello non fai nada: non ten cartos”. De feito, subliñou que “houbo algún mes desta lexislatura no que líquido, cartos de verdade no banco, só tiñamos 300 euros”. Por iso, apuntou que “nestes catro anos en Fene só se fixeron as obras que pagaron o Goberno central, a Xunta ou a Deputación, institucións, por certo, presididas todas elas polo Partido Socialista”.
Puentes tamén subraiou que “o Concello non ten cartos porque durante 28 anos a xestión económica de Fene foi desastrosa: o equipo de goberno adicouse a pedir créditos ós bancos sen control e cando chegaba o momento no que xa non había máis para pagar todo o que se debía, renegociábase a débeda a cambio de que a puidésemos devolver os fondos en máis tempo”.
Frente a todo isto, subliñou que “temos un partido, o socialista, que soubo interpretar o resultado das últimas eleccións municipais, que soubo ver que os veciños de Fene non lle deron a maioría absoluta a ningún partido e que lle outorgaron ó PSOE cinco concelleiros no pleno que nos puxemos dende o primeiro día ó servizo dos veciños e veciñas”.
Nesta liña, apuntou que “o BNG e o PSOE defendemos proxectos moi diferentes, pero os socialistas, a diferenza do que fixo o PP, soubemos que de nós dependía que Fene fose gobernable”. Pero, “lamentablemente non todos o entenderon así e nestes catro anos non se fixo todo o que se podería nin o que se debería”.
Así, subliñou que “os socialistas queremos que Fene experimente o que xa experimentaron a maioría de concellos de España e Galicia, a alternancia no poder, fundamentalmente porque é san e bo que cheguen novas ideas e novos proxectos”. Deste xeito, avanzou que a súa formación “ten elaborado un amplo programa electoral, ó que se lle están dando os últimos retoques e que teremos a oportunidade de presentar publicamente en poucos días”. Acto seguido, plantexou algúns dos seus principais proxectos. Entre eles, sanear a economía municipal. Ó respecto, apuntou que o PSOE se compromete a realizar unha auditoría económica para determinar a situación real das contas municipais e, a partir diso, desenvolver un plan de saneamento que permita ó longo da lexislatura recuperar a capacidade inversora do Concello. Tamén, fomentará a participación cidadá, poniendo en marcha un orzamento participativo. Así, detallou que co novo goberno socialista serán os veciños de cada parroquia, os que mellor coñecen as súas necesidades, os que decidan cada ano en que vai investir o Concello os cartos de todos.
Iván Puentes subliñou que terá claras as prioridades de inversión, e á hora de investir os recursos municipais o Concello dará prioridade ás necesidades básicas dos veciños: auga, saneamento, beirarrúas, pavimentación de camiños e alumeado. Así, no primeiro ano de lexislatura o PSdeG-PSOE elaborará un Plan de Servizos Básicos, no que se recollan tódalas necesidades dese tipo, que guiará a inversión dos catro anos, ano a ano.
O socialista tamén se comprometeu a crear máis emprego e riqueza. Así, abogou por pór en práctica unha boa xestión política que desenvolva o polígono industrial de Vilar do Colo, logrando o asentamento real de empresas no que é dende hai décadas un terreo case baleiro. Neste punto, indicou que “hai catro anos o alcalde dicíanos que estivésemos tranquilos, que Vilar do Colo estaba todo vendido e que veríamos como nesta lexislatura se asentaban alí empresas importantes”. Pero, “en catro anos vimos como despegan os polígonos de Río do Pozo en Narón, de Leixa e Mandiá, en Ferrol, ou das Boeiras en Valdoviño. Vimos como os concellos da nosa comarca despegan empresarialmente e como Fene segue igual que hai catro anos, co polígono mellor comunicado de España deserto”.
Asemade, subraiou que, da man da Xunta, “desenvolveremos nos terreos non usados de Astano proxectos empresariais novidosos e competitivos, que diversifiquen a economía de Fene e que sumen postos de traballo e riqueza ós do astaleiro, non que os substitúan”.
Por outra banda, asegurou que “desenvolveremos un urbanismo transparente, coidado e ó servizo dos cidadáns: ordearemos o crecemento urbano de Fene, dando as mesmas facilidades e garantías ós grandes promotores que a calquera veciño, construíndo un pobo moderno e atractivo, respectando a lei e pensando nos espazos comúns: prazas, parques, xardíns...”.
Aposta pola mocidade
Pola súa banda, Loli Rodríguez asegurou que Iván Puentes é un claro exemplo da aposta do PSOE pola mocidade. “Estamos ante un político novo, pero con experiencia e, sobre todo, un firme compromiso cos veciños e as veciñas de Fene”, subliñou. Asemade, destacou que “Iván sempre quixo cambiar o mundo e esta localidade ten a sorte de que empezará por aquí as cousas”. Na súa intervención, Ricardo Varela subraiou que, tras un ano duro na búsqueda das mellores persoas para encabezar e integrar as listas socialistas de cara á vindeira cita coas urnas, presentamos en Fene o mellor candidato posible: Iván Puentes. Indicou que non só estaba presente no acto como secretario de Organización do partido, senón tamén porque coñecía persoalmente ao alcaldable. E, en especial, destacou a súa capacidade e vontade para cambiar as cousas. “Ten ideas e proxectos e unha magnífica oportunidade para traer o cambio a Fene”, afirmou con contundencia.


Como sempre, falar e falar sin parar para rematar non facendo nada ou o contrario do que se di.
Novos tempos, un goberno con ilusión, que escoite aos veciños...
Que si en Fene daquela so se fixeran obras por parte da Xunta, Madrid o Deputación, e resulta que nesta lexislatura nin eso...

Que si a Vilar do Colo non o iá coñecer nin a nai que o pariu...
Os grandes proxectos empresariais nos terreos ociosos de Astano...
E a auditoría, esa famosa auditoría que ían facer cando chegaran ao poder, que tanto nos insistiron nas eleccións de 2007 e que logo, ¡esquezeron misteriosamente!
Dice Loli, "Iván sempre quixo cambiar o mundo, e esta localidade ten a sorte de que empezará por aqui as cousas". Pero non tivemos esa sorte, Iván cambiou o seu mundo e esta localidade tivo a desgracia de que escomenzara por eiqui.

Bla. bla, bla... e tal, e tal, e cual...

Algún ten que ser deFENEstrado!!!

viernes, 11 de febrero de 2011

Os 30 non-compromisos de Puentes contigo.(III).O chiste de Astano, o poligono e os toxos.

EMPREGO
5. Adiante a Vilar do Colo
. No primeiro ano de lexislatura lograremos máis terreo industrial para Fene. Tamén temos que lograr que o terreo xa vendido e aínda deserto se destine de verdade a crear empresas e postos de traballo. Promoveremos e desbloquearemos o Polígono Industrial.




6. Adiante ó Estaleiro. Ademais de manter o estaleiro en Fene e de reclamar máis carga de traballo, lograremos coa Xunta de Galicia que en terreos que non necesita Navantia se implanten grandes empresas modernas, competitivas e de futuro, que creen máis traballo e que nos permitan non depender só do sector naval para que o noso concello prospere.


ADIANTEEEEEEEEEEEEE!!!!!!!!!!!!!!!! Vilar do Colo, no primeiro ano de lexislatura enchironche de chan industrial, empresas e postos de traballo, e agora adicaste a criar toxos.
ADIANTEEEEEEEEEEEEE!!!!!!!!!!!!!!!! Asteleiro, mantiveronte, reclamaronche máis carga de traballo, e nos terreos que non necesitabas florecen grandes empresas modernas, competitivas e de futuro... e agora adicaste a criar toxos.

Estos son os puntos do programa electoral de Puentes 2007-2011 relativos ao emprego.
Como se pode observar, promesa cumplida e ben cumplida!!!

Algún ten que ser deFENEstrado!!!

sábado, 8 de enero de 2011

O Alcalde-Vidente e a senda litoral

FENE

Concello fenés, Navantia y Costas perfilan el paso de una senda marítima por suelo de la empresa

Autor:
La Voz de Galicia
Fecha de publicación:
9/7/2009

Técnicos del Concello de Fene, de Demarcación de Costas y de Navantia junto con el alcalde, el socialista Iván Puentes, mantuvieron ayer un encuentro de trabajo en las instalaciones de la antigua Astano para unir criterios en un proyecto, el de la senda litoral que recuperará la fachada marítima del municipio, que ya se está redactando desde el Ministerio de Medio Ambiente. De hecho, el regidor, tras varias reuniones al respecto en las últimas semanas, declaró ayer que «agardamos que no 2010 se empece a facer realidade a iniciativa que hoxe está sendo perfilada».

Se trata, tal y como recordó el regidor, de una senda litoral que recorrerá la costa de Fene desde San Valentín hasta el límite con Mugardos, con una longitud aproximada de tres kilómetros y una inversión de tres millones de euros financiada por Costas.

El paso de la primera fase del trazado por terrenos pertenecientes a Navantia para unir el paseo marítimo de San Valentín con Perlío fue lo que implicó casi un año de negociaciones que, ahora, han dado como fruto un anteproyecto en el que, señaló Puentes, «tratouse de unir as necesidades de seguridade que Navantia precisaba coa ruta que, dende Demarcación de Costas, se pretendería marcar para a senda».

Carlos Gil, ingeniero jefe de la Demarcación de Costas, explicó que dos tercios de esa primera fase del paseo pasarán por suelo de la empresa estatal. Se conseguirá, siempre conjugando todos los intereses, que discurra por la zona sin perder nunca las vistas de la ría y consiguiendo también panorámicas del astillero.


Outra vez máis, o Alcalde-Vidente fenés, auguraba a mediados do 2009, a realidade dunha senda litoral que iría dende San Valentín ata Barallobre e Maniños. Pero unha vez máis, e van... o Profeta Puentes nin da no clavo, nin se aproxima un chisquiño.

¡Este home non acerta nin de casualidade!. Esta demostrado que de pitoniso non ten futuro ningún, dende logo, si por motivos obvios ten a mala sorte de perder a Alcaldía en maio, que non se adique a ler o futuro nin a pronosticar nada.

¡Que guapiño estaría si estivese maís caladiño!

Algún ten que ser deFENEstrado!!!