lunes, 21 de marzo de 2011

Iván sempre quixo cambiar o mundo.

Puentes comprométese a que os veciños sexan os que decidan en que vai investir o Concello os presupostos

Ricardo Varela destaca a capacidade e vontade de cambiar as cousas do alcaldable socialista durante a presentación da súa candidatura.

29/04/2007 La Voz de Galicia

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Fene, Iván Puentes Rivera, subliñou hoxe que “o 27 de maio, despois de 28 anos, en Fene por fin haberá cambio de goberno”. E é que “non podemos seguir así catro anos máis. Precisamos novos tempos, un novo goberno con ilusión, con novas ideas, que fale e escoite ós veciños e, sobre todo, con moitas máis ganas de traballar que o BNG”. Nestes termos se expresou esta tarde Puentes Rivera na presentación da súa candidatura nun acto no que estivo arroupado polo secretario de Organización do PSdeG-PSOE e actual conselleiro de Traballo, Ricardo Varela; pola secretaria xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, Loli Rodríguez, e por veciños e cargos do partido na comarca de Ferrolterra.
Iván Puentes comezou a súa intervención lembrando que “hai uns días pasaron polo pleno os presupostos para o 2007” e apuntou que “estes poden ser unha boa radiografía de como estamos”. Así, explicou que “temos un orzamento de 10 millóns e unha débeda total de seis”. É dicir, “debemos 1.600 millóns das antigas pesetas a bancos e a empresas e autónomos ós que contratamos algún servizo”. Deste xeito, o socialista indicou que “está claro por que o Concello non fai nada: non ten cartos”. De feito, subliñou que “houbo algún mes desta lexislatura no que líquido, cartos de verdade no banco, só tiñamos 300 euros”. Por iso, apuntou que “nestes catro anos en Fene só se fixeron as obras que pagaron o Goberno central, a Xunta ou a Deputación, institucións, por certo, presididas todas elas polo Partido Socialista”.
Puentes tamén subraiou que “o Concello non ten cartos porque durante 28 anos a xestión económica de Fene foi desastrosa: o equipo de goberno adicouse a pedir créditos ós bancos sen control e cando chegaba o momento no que xa non había máis para pagar todo o que se debía, renegociábase a débeda a cambio de que a puidésemos devolver os fondos en máis tempo”.
Frente a todo isto, subliñou que “temos un partido, o socialista, que soubo interpretar o resultado das últimas eleccións municipais, que soubo ver que os veciños de Fene non lle deron a maioría absoluta a ningún partido e que lle outorgaron ó PSOE cinco concelleiros no pleno que nos puxemos dende o primeiro día ó servizo dos veciños e veciñas”.
Nesta liña, apuntou que “o BNG e o PSOE defendemos proxectos moi diferentes, pero os socialistas, a diferenza do que fixo o PP, soubemos que de nós dependía que Fene fose gobernable”. Pero, “lamentablemente non todos o entenderon así e nestes catro anos non se fixo todo o que se podería nin o que se debería”.
Así, subliñou que “os socialistas queremos que Fene experimente o que xa experimentaron a maioría de concellos de España e Galicia, a alternancia no poder, fundamentalmente porque é san e bo que cheguen novas ideas e novos proxectos”. Deste xeito, avanzou que a súa formación “ten elaborado un amplo programa electoral, ó que se lle están dando os últimos retoques e que teremos a oportunidade de presentar publicamente en poucos días”. Acto seguido, plantexou algúns dos seus principais proxectos. Entre eles, sanear a economía municipal. Ó respecto, apuntou que o PSOE se compromete a realizar unha auditoría económica para determinar a situación real das contas municipais e, a partir diso, desenvolver un plan de saneamento que permita ó longo da lexislatura recuperar a capacidade inversora do Concello. Tamén, fomentará a participación cidadá, poniendo en marcha un orzamento participativo. Así, detallou que co novo goberno socialista serán os veciños de cada parroquia, os que mellor coñecen as súas necesidades, os que decidan cada ano en que vai investir o Concello os cartos de todos.
Iván Puentes subliñou que terá claras as prioridades de inversión, e á hora de investir os recursos municipais o Concello dará prioridade ás necesidades básicas dos veciños: auga, saneamento, beirarrúas, pavimentación de camiños e alumeado. Así, no primeiro ano de lexislatura o PSdeG-PSOE elaborará un Plan de Servizos Básicos, no que se recollan tódalas necesidades dese tipo, que guiará a inversión dos catro anos, ano a ano.
O socialista tamén se comprometeu a crear máis emprego e riqueza. Así, abogou por pór en práctica unha boa xestión política que desenvolva o polígono industrial de Vilar do Colo, logrando o asentamento real de empresas no que é dende hai décadas un terreo case baleiro. Neste punto, indicou que “hai catro anos o alcalde dicíanos que estivésemos tranquilos, que Vilar do Colo estaba todo vendido e que veríamos como nesta lexislatura se asentaban alí empresas importantes”. Pero, “en catro anos vimos como despegan os polígonos de Río do Pozo en Narón, de Leixa e Mandiá, en Ferrol, ou das Boeiras en Valdoviño. Vimos como os concellos da nosa comarca despegan empresarialmente e como Fene segue igual que hai catro anos, co polígono mellor comunicado de España deserto”.
Asemade, subraiou que, da man da Xunta, “desenvolveremos nos terreos non usados de Astano proxectos empresariais novidosos e competitivos, que diversifiquen a economía de Fene e que sumen postos de traballo e riqueza ós do astaleiro, non que os substitúan”.
Por outra banda, asegurou que “desenvolveremos un urbanismo transparente, coidado e ó servizo dos cidadáns: ordearemos o crecemento urbano de Fene, dando as mesmas facilidades e garantías ós grandes promotores que a calquera veciño, construíndo un pobo moderno e atractivo, respectando a lei e pensando nos espazos comúns: prazas, parques, xardíns...”.
Aposta pola mocidade
Pola súa banda, Loli Rodríguez asegurou que Iván Puentes é un claro exemplo da aposta do PSOE pola mocidade. “Estamos ante un político novo, pero con experiencia e, sobre todo, un firme compromiso cos veciños e as veciñas de Fene”, subliñou. Asemade, destacou que “Iván sempre quixo cambiar o mundo e esta localidade ten a sorte de que empezará por aquí as cousas”. Na súa intervención, Ricardo Varela subraiou que, tras un ano duro na búsqueda das mellores persoas para encabezar e integrar as listas socialistas de cara á vindeira cita coas urnas, presentamos en Fene o mellor candidato posible: Iván Puentes. Indicou que non só estaba presente no acto como secretario de Organización do partido, senón tamén porque coñecía persoalmente ao alcaldable. E, en especial, destacou a súa capacidade e vontade para cambiar as cousas. “Ten ideas e proxectos e unha magnífica oportunidade para traer o cambio a Fene”, afirmou con contundencia.


Como sempre, falar e falar sin parar para rematar non facendo nada ou o contrario do que se di.
Novos tempos, un goberno con ilusión, que escoite aos veciños...
Que si en Fene daquela so se fixeran obras por parte da Xunta, Madrid o Deputación, e resulta que nesta lexislatura nin eso...

Que si a Vilar do Colo non o iá coñecer nin a nai que o pariu...
Os grandes proxectos empresariais nos terreos ociosos de Astano...
E a auditoría, esa famosa auditoría que ían facer cando chegaran ao poder, que tanto nos insistiron nas eleccións de 2007 e que logo, ¡esquezeron misteriosamente!
Dice Loli, "Iván sempre quixo cambiar o mundo, e esta localidade ten a sorte de que empezará por aqui as cousas". Pero non tivemos esa sorte, Iván cambiou o seu mundo e esta localidade tivo a desgracia de que escomenzara por eiqui.

Bla. bla, bla... e tal, e tal, e cual...

Algún ten que ser deFENEstrado!!!

2 comentarios:

  1. eL MUNDO DE iVÁN CAMBIÓ... y mucho por cierto.
    Ahora tiene su dediación exclusiva por hacerse fotitos y pasear

    ResponderEliminar