miércoles, 2 de junio de 2010

Escrito do ANPA do CEIP Os Casais de Maniños.

De seguido amosovos un escrito enviado polo ANPA do CEIP Os Casais ao Sr. Alcalde de Fene solicitandolle solucións a unha serie de problemas:

Imaxe de pintada no camiño, a carón do colexio de Os Casais, reclamando sinalización

ANPA DO CEIP OS CASAIS
Lg. Casal, s/n15520
MANIÑOS
D. IVÁN PUENTES RIVERA
ALCALDE DO CONCELLO DE FENE
Maniños , 27 de maio de 2010
Sr. Alcalde,En relación coa reunión mantida por parte de Dna. Cristina Pérez, Dna. Mª Carmen Martinez, Dna. Pilar Rodríguez, Dna. Teresa Sanjuán, Dna. Sonia Rico e Dna. Manuela Espiño en representación da ANPA RIO DE VA do CEIP Os Casais con vostede e coa conselleira de Cultura Dna. Carmen Silvar Canosa o pasado día 11 de maio do ano en curso, desexamos expresar o seguinte:
Consideramos que por parte de vostede estase a tratar de forma discriminatoria xa non so ao CEIP Os Casais senon ao resto dos centros de ensino do termo municipal, salvo algunha excepción que como xa todos sabemos “toda regra a ten”Do compromiso de facer fronte por parte do Concello aos gastos de transporte para que o centro dos Casais poda levar a cabo as excursions previstas de realizar, sen que isto supoña un gasto excesivo para os pais e nais, a día de hoxe continuamos á espera da súa confirmación telefónica .
Do escrito presentado no que se relacionaba as obras e investimentos que consideramos prioritarias de realizar nos centros de ensino, xa estamos a piques de rematar o curso escolar e a día de hoxe no se fixo absolutamente nada.
Seguimos á espera das explicacións de por que non están aboadas as subvencións municipais do ano 2009, cando o compromiso adquirido por vostede o pasado día 21/12/2009 foi que ditas axudas “estarían abonadas antes do 21/03/2010”.
Por todo elo, e como aínda recordamos o seu interese polo estado dos centros de ensino cando vostede estaba na oposición e se ofrecía a manter reunións coa representación da ANPA para coñecer as nosas demandas, dende esta mesma ANPA queremos emprazalo a que fixe unha data antes do remate do actual curso escolar, tanto a vostede, como alcalde, como á Sra. concelleira de Cultura, para que explique a toda a comunidade educativa o por que do que nós consideramos deixadez do Concello de Fene co noso centro de ensino, xa non só nos temas aquí comentados senon tamén outros dos que o Concello xa ten sobrado coñecemento: pavés, humidades, pintado interior etc.Iso sí, no caso de que nos honrara coa súa visita, prégolle nos traia feitos e solucións ás nosas demandas, non só compromisos que como xa o tempo demostrou, non nos sirven absolutamente de nada.
A espera dás súas noticias, reciba un atento saúdo,
Sinatura,
Presidenta en funcións da ANPA CEIP Os Casais
1 de junio de 2010 22:57

4 comentarios:

  1. O Alcalde debeu de perder o numero de tfno dos Casais, senón non entendo como ainda non respostou, có dilixente que é para estas cousas o homiño.

    ResponderEliminar
  2. O goberno municipal non anda, Ivan carece de equipo, está desganado e vaille moi grande a alcaldía.
    Ánimo aos Casais

    ResponderEliminar
  3. Para facer cousas no concello polos veciños hai que votarlle horas e traballar constante todos os dias sin andar a tumbos dependendo do qeu lle pidan. Sen traballar non se fai nada y él traballa mais para o seu partido que para os veciños. Do seu equipo mellor non falar, un sempre ca planta de gas, outra na mediana das pias, o de obras e servizos non sabe o que é unha taxea nin unha arqueta nin ata donde chegan os lindes do concello, o de persoal non lle fales de outra cousa que "non e cousa de el". Así nos vai

    ResponderEliminar
  4. E que me dicides do chofer do camio motobomba, a estas altura ainda non saiu que consigeu o posto, pero o camion esta andado. ¿Que raro?

    ResponderEliminar