lunes, 9 de noviembre de 2009

Fenecidadán:¿Información ou propaganga?

E curioso ollar como cando hai unha reunión do Alcalde con algunha personalidade importante, de xeito inminente aparece na páxina web do concello os datos das fructuosas xestións do Alcalde.



Nembargantes, tras a potención que se quere facer do turismo no Concello de Fene (caseta de turismo, reclamación de depuradora para potenciar as praias de Maniños, Barallobre e San Valentín, actuación na praia de río Sandeo, promesas de senda peonil por Astano ata Barallobre...) se observa como no apartado de "Fene Descúbreo" relativo a restaurantes, existen estos dous:



Restaurante O Torreón Río Cádavo s/n ------------------- 981 341 116

Restaurante Casa Ana San Marcos, s/n---------------------981 341 715



Parece que non hai a mesma axilidade en publicar as xuntanzas e actos do Alcalde como en manter ao día o nome, enderezo e tfno. de restaurantes que, de momento, xa hai algúns anos que deixaron de funcionar. Asi como outros que dan tapas e racións para xantar ou cear non figuran no listado.(Non vou citar ningún por medo a que me quede algún no tinteiro, pero ainda hai uns cantos).



Algún ten que ser deFENEstrado!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario