miércoles, 9 de septiembre de 2009

Un parque para fururos parados

FORMACIÓN QUÍTAME ALÁ ESES TRAXES


DIEGO R. PIÑÓN

A principios da actual década, os concellos, sindicatos, empresas, asociacións, incluso o propio INEM e outras entidades que querían desenvolver cursos de formación en diferentes disciplinas, tiñan serias dificultades para atopar alumnado. A oferta de prazas era superior á demanda por parte da poboación. Na maioría dos ciclos formativos, tamén os que derivaban de fondos europeos, plan FIP e FSE, baixouse de doce a dez o número mínimo de alumnos para que se poidesen realizar. Vivíase nunha especie de busca e captura dos cursillistas para non perder as subvencións correspondentes. Era a época das vacas gordas, o traballo abundaba, e a xente incluso se colocaba sen formación específica.

A cuestión mudou radicalmente, nestes últimos dous anos, coa crisis económica deu un xiro de 180 graos. Conseguir un traballo ou mantelo é unha ardua tarefa. O desemprego medra incesantemente. Os cursos de formación volven a ser requeridos con máis forza que nunca. Agora a demanda da poboación supera con creces á oferta de número de prazas existentes. Retornan as vacas fracas, e a xente comprende que xa non será tan doado insertarse sen formación previa. Os ciclos volvense imprescindibles.


Por iso neste novo contexto sociolaboral, non se comprende como o concello de Fene, coas resolucións aprobadas en tempo pola Consellería de Traballo, e 45 persoas xa seleccionadas;perde tres cursos FIP nas especialidades de cachotería, albañilería e encofrador, por erros e neglixencias na elección do persoal docente. Alguen deberá explicarlles a todos os perxudicados (alumnado, mestres) e a súa cidadanía porque se perdeu tan preciado recurso.


pasodepeons@hotmail.com




DIARIO DE FERROL 28/08/09


Pero de que habla este hombre! "Erros e neglixencias" en el Concello de Fene, pero ¿Desde cuando?. Si ahora con los "Novos Tempos" de Puentes va todo de maravilla. Y explicar a los perjudicados y a la ciudadanía porque se perdío eso, nada, nada, que con los terrenos ociosos de Astano, la senda maritima de los 3 millones y el parque de Audasa ya esta todo dicho.




Y es que desde luego es muchissssssimo más importante gastarse 500.000 € en ajardinarle los terrenos a Audasa en Vilanova, que conseguir y gestionar unas escuelas taller para que la juventud se inserte en el mundo laboral.


Es que hay preferencias y preferencias, y que no se queje la juventud si está en el paro, que en Fene, tiene la gran oportunidad de pasear por debajo de una autopista, que esa oportunidad no la tiene todo el mundo.

Enhorabuena por el artículo Diego R. Piñon.

Alguno tiene que ser deFENEstrado !!!






2 comentarios:

  1. E, ¿Que empresa privada vai mante-lo xardín de debaixo da autoestrada?
    Outro comecartos máis.

    ResponderEliminar
  2. BUCANEROS DO MEDITERRANEO


    A xulgar polo acontecido no concello de Benidorm, semella que o buque insignia dos socialistas, baixou do mástil o seu tradicional distintivo vermello con puño e rosa, e en sustitución enarbola, unha peza de tea negra cunha caveira cruzada por ósos, e para completar ambientación, A ALMIRANTE da nave, mudou o tradicional uniforme de gala por unha vestimenta pirata, sen garfio iso se, pois o puño precísao para entonar a internacional.

    Eu, que case non me sorprendo de nada, hei de afirmar que este vodevil político cáusame estupor; sabía que esta xente perdera a sensatez, pero o que descoñecía, é que a continuación perderían a vergonza, e coma se tal cousa fose unha virtude, no canto de tomar a porta traseira e marcharse, para maior desfachatez amosan fachenda da súa indecente fazaña.


    Por hixiene democrática a esta xente hai que dimitila, non se pode tolerar que as apetencias e ambicións persoais impóñanse ás regras de funcionamento democrático.

    É hora de que a sensatez tome protagonismo, nestes convulsivos tempos a extravagancia non ten cabida, xa está ben de aturar as parvadas e intrigas da raiña dos acontecementos históricos planetarios.........


    Sra Pajín, é ben que atraque e desembarque, non é preciso que cumplimente o caderno de bitácora, tome o macuto e vaiase, pois políticamente súa viaxe ten rematado, salvo que teña empeño en vivir unha a revolta a bordo

    ResponderEliminar