domingo, 17 de mayo de 2009

POLA BOCA MORRE O PEIXE

- Os militantes do PSdeG-PSOE propóñeno como
candidato para tentar acabar con décadas de goberno
do BNG en Fene. Por que?
Porque creo nun novo Fene. Confío ó 100% nas posibilidades
do meu Concello, aínda que agora estean desperdiciadas
por un goberno municipal cansado e co proxecto
esgotado. Eu aporto ideas novas, máis de 10 anos dedicados
á política e un equipo de persoas formadas e con
experiencia que non permitirán que se defrauden as esperanzas
e ilusións dos/as veciños/as. Fene necesita un novo
goberno, o cambio socialista que xa se produciu en España
e Galicia.
- E, que alternativas ofrece vostede?
Un Fene novo. É preciso garantir o básico, camiños, auga,
alcantarillado, viais axeitados, aceras... pero impulsando,
ó mesmo tempo, os grandes proxectos e infraestruturas:
ronda oeste, auditorio, zonas verdes, saneamento da ría,
vivendas sociais, casa da xuventude... En definitiva, modernizar
Fene.
A creación de emprego, defendendo o naval e atraendo
a Fene novas empresas, ocupará a maior parte do noso
traballo, algo que non se está a facer. Porei un só exemplo,
temos un dos polígonos industriais mellor comunicados de
España e, sen embargo, está practicamente baleiro. Fene
ten posibilidades reais de crecemento, só necesitamos crer
de verdade nelas e, sobre todo, ter políticos que traballen
para facelas realidade.
Tamén é necesario sanear as contas municipais, reducindo
a débeda, e corrixir os desaxustes urbanísticos.


Este é un anaco da entrevista do candidato á alcaldía D. Ivan Puentes Rivera no boletín nº 3, de "Fene Socialista" no ano 2006.
Como comentario de texto, é curioso, cando menos oir falar de garantir o básico,
"auga, alcantarillado", ¿En donde, como, cando?.
"ronda oeste, auditorio, saneamento da ría,vivendas sociais, casa da xuventude"¡Estou cego, ainda non vin ren disto!
"defendendo o naval" Aqui te "colaches" rapaz, seica o naval se defende coa abstención na moción do pleno e outras cousas, e como broma é de moi mal gusto.
"corrixir os desaxustes urbanísticos" Esto si o entendo, paralizo as licenzas de obras e xa corrixo os desaxustes, non se fai ren e asi non hai desaxustes, moi ben pensado!!



Algún ten que ser deFENEstrado !!!

5 comentarios:

  1. sí que se rodeou de persoas con experiencia política o tipo este

    ResponderEliminar
  2. Parece que asi son las cosas y asi se las hemos contado...

    ResponderEliminar
  3. El pasado siempre vuelve, paciencia, que a este "pollo" le quedan pocas plumas: Un saludo y suerte co la salud que lo demás.... va solo.

    ResponderEliminar
  4. Este político e un crack, cando non se goberna e un está na oposición se din moitas cousas, e se prometen outras tantas.Como todos.
    Nunca se vos ocurriu gardar a propaganda de tal partido que despois chega o poder, e das propostas electorais nen chio.Pois en Fene, igual do mesmo.

    Este noso alcalde e mellor orador que Zapatero, creo que Fene lle queda pequeno.
    O Bng, dacordo que levaba moitos anos gobernando e se acostumaron,pero polo visto o de agora e penoso.Gobernan psoe e bng e non se poñen nin de acordo.

    O que si me gusta deste alcalde e a súa oratoria, a todo di que si e despois, non se ven os resultados, máis ou menos como Zapatero, menos talante e máis mirar polo pobo de Fene.

    ResponderEliminar
  5. En Fene para cambiar la situacion de desgobernabilidad que padece el ayuntamiento la mayoría aritmética de la opsosición,está obligada a vaciar de competencias la Alcaldía y la Junta de Gobierno , para transferir sus delegaciones al pleno. De esta forma, cualquier decisión deberá votarse en dicho foro, donde PP y el BNG tienen mayoría.

    Si esta posibilidad no es ejercitada; tanto los concejales populares como nacionalistas serán responsables de los desmanes de Iván Puentes y su grupo.


    No valen censuras ni justificaciones ambiguas, pues como queda referido, el cambio a la errática política del grupo socialista tiene solución efectiva; no aplicarla es un acto de irresponsabilidad.

    En resumen como queda dicho,la mejor fórmula de favorecer la gobernabilidad Municipal, es ejercercitarla.


    Fene precisa que impere la sensatez

    ResponderEliminar