Una enorme columna de humo negro que algunos testimonios aseguran que era visible desde Sigüeiro, Vigo y Mazaricos llenó de angustia a la comarca de Barbanza a las dos de la tarde de ayer. La emanación procedía de las instalaciones fabriles de la empresa J.J. Chicolino, donde se almacenaban toneladas de redes para reutilizar y reciclar. Fue precisamente en un montículo de estas mallas donde se presume que comenzó el devastador incendio, presuntamente causado por una chispa de soldadura, a la una y media de la tarde, que fue extendiéndose hasta reducir a cenizas la totalidad de las instalaciones y provocar un caos circulatorio en Barbanza, ya que fue necesario cortar la autovía y la carretera comarcal a la altura de BoiroUna enorme columna de humo negro que algunos testimonios aseguran que era visible desde Sigüeiro, Vigo y Mazaricos llenó de angustia a la comarca de Barbanza a las dos de la tarde de ayer. La emanación procedía de las instalaciones fabriles de la empresa J.J. Chicolino, donde se almacenaban toneladas de redes para reutilizar y reciclar. Fue precisamente en un montículo de estas mallas donde se presume que comenzó el devastador incendio, presuntamente causado por una chispa de soldadura, a la una y media de la tarde, que fue extendiéndose hasta reducir a cenizas la totalidad de las instalaciones y provocar un caos circulatorio en Barbanza, ya que fue necesario cortar la autovía y la carretera comarcal a la altura de Boiro
O perigo de Rubber en Fene
Monday, 21 de August de 2006 6:45 pm
A Rubber, fábrica de recauchutados de Fene, foi unha das primeiras iniciativas empresariais que se instalaron no concello trala crise do naval, pero tras uns anos de actividade quebrou e pechou as súas instalacións. Hoxe a nave, sometida durante este tempo a múltiples saqueos para roubar material de oficina e todo canto houbese no seu interior susceptible de ser vendido, está totalmente reventada e abandonada, pero no seu interior quedan aínda restos potencialmente moi contaminantes e perigosos.
Tanto dentro da fábrica como na explanada exterior hai almacenadas milleiros de rodas usadas, como as que podedes ver na foto, moitísimos sacos con viruta de neumáticos, e o que é máis alarmante toneladas de caucho, líquido almacenado en vidóns e sólido en forma de planchas. Todo isto nunhas instalacións de moi fácil acceso, sen vixiancia de ningún tipo e rodeadas de monte e maleza. O perigo é evidente.
Cónstame que a Policía Local de Fene xa realizou traballos ó respecto, pero no vindeiro pleno solicitarei ó Grupo de Goberno que actúe xudicialmente para solucionar de xeito inmediato esta amenaza para a poboación de Fene e do resto da Ría. Segundo persoas que estudaron este asunto, a nube tóxica que un hipotético incendio podería causar tería, en función do vento e da climatoloxía, serias consecuencias.
ivanpuentes.com
Eiqui temos a opinión do Sr. Iván Puentes sobre a Rubber en agosto do 2006, cando estaba na oposición.
Pareceme moi correcto o comentario, sobre todo cando di que o perigo é evidente, pero non só iso, a realidade é que tamén estou dacordo con que segundo persoas que estudaron este asunto, a nube tóxica que un hipotético incendio podería causar, en función do vento e da climatoloxía, tería serias consecuencias.
Moi ben, todo moi ben, pero ¿Que fixo o Alcalde nestes 28 meses que leva gobernando?.
Pois a verdade, é que nada de nada, e non é que sexa o responsable de soluciona-lo problema, que non o é, pero si de buscar solucións, que para iso foi elexido, facendo as xestións que sexan necesarias.
Pero é que ainda encima, respostando a un "osado" que lle recrimina en ivanpuentes.com en febreiro de 2008, cando xa era Alcalde, que non fixera nada polo tema.(Debían de ser outros tempos, cando a censura ainda non estaba instaurada nese blogue). Vai é di que, pouco máis o menos, o primeiro que fixo cando saiu elexido foi falar con Medio Ambente para soluciona-lo tema.
Xa me estou imaxinando ao Alcalde no intre de coñece-lo resultado electoral, apuntando na axenda como primeira prioridade solucionar o tema da Rubber, e ainda máis, estou seguro que esa noite si non durmeu, non foi de delicia pensando que gañara as eleccións, senón de preocupación pensando que o primeiro que tiña que facer ao día seguinte era chamar a Medio Ambente para amaña-lo tema.
Falame de "o puideches ler na prensa", Uffffff... ! ¡Si eu me creera o que di a prensa!!! Daquela xa tiñan reloxo para ficha-los concelleiros, xa habería auga en Magalofes, auga e alcantarillado en S. Marcos, xa teria licenza de obras, xa estarían os presupostos...
Agora, e o motivo de sacar este comentario, é a lembranza que veu á mente cando vin no xornal o de Boiro, que ven reflexado na imaxe, é que en calquera momento (agardemos que non) se pode repetir en Fene.
Esto non o solucionou nin Aznar, nin Zapatero, nin Fraga, nin Touriño, nin Feijoo, nin Rivera Arnoso, nin Puentes... Como sempre, ata que haxa unha calamidade non se van tomar cartas no asunto.
Por favor, por parte de quen corresponda:
SOLUCIÓN AO DA RUBBER, XA!!!
Algúns teñen que ser deFENEstrados!!!
Agora que levas des-gobernando Fene oito meses, xa te olvidaches do asunto, non?
Ai, que mala é a envexa, Atila, non te preocupes demasiado por min, que Fene está ben gobernado. Se estiveras algo informado ou non foras tan malicioso, saberías que unha das primeiras cousas que fixen cando cheguei ó goberno foi falar co Delegado da Consellería de Medio Ambiente, que mesmo visitou en persoa a Rubber, para, entre outras cousas, atoparlle solución ós neumáticos alí almacenados.
Saberías, ademais, que hoxe a Rubber ten algo máis de vixiancia e de control, fronte ó nulo control de antes.
Saberías tamén, porque o puideches ler na prensa, que a Consellería está xa elaborando un plan de eliminación e tratatamento deste e doutros vertedoiros similares do país, para trasladalos e reciclalos probablemente nas Somozas.
Saberías, por último, que eu nunca lle esixín ó goberno anterior sacar os neumáticos de alí, porque case non nos chegaría o orzamento anual, nin carecendo desa pequeniña débeda de 9 millóns de euros que herdamos. Simplemente lle pedía facer o que eu fixen logo, xestionar con outras administracións o seu tratamento.
Ah, unha cousa máis, comigo nunca se lle prohibiu ós axentes da Policía Municipal realizar ningún traballo ou informe sobre calquera materia, nin moito menos desapareceron ou se perderon informes feitos.
O perigo segue aí, pero desde o Concello fixemos e estamos a facer o que nos compete, denunciar o perigo, presionar e, sobre todo, colaborar na procura de solucións.