sábado, 15 de mayo de 2010

Zeta Peta, "O Talante-Inoperante"





España, el pichichi de la Champions League económica


"En esta Champions League de las economías mundiales, España es la que más partidos gana, la que más goles marca y la menos goleada"














E asi poderiamos seguir ata o infinito, Zeta Peta "O condonador", o do "talante-inoperante", convertido en salvapatrias terraqueo, xeneroso e adalid mecenas do mundo mundial, regalando cartos a diestro e siniestro por eses mundos de Deus... ata que... unha chamadilla do Obama e da Merkel, espertano dos seus sonos de gloria, de Presidente-Inoperante de turno da U.E, de benefactor dos desválidos, de maese creador de Plans E e carteis do devandito plan que enchen as cunetas do país.


O artifice para a creación do parque debaixo da autoestrada en Fene,e da porta de Brandenburgo en Torrexón de Ardoz, posto firme e a la ordén polos mandatarios e multinacionais extranxeiras, e xa se sabe, chegou o comandante e mandou a parar, polo que de supeto, o sono convertese en pesadelo, e o iluso magnanimo creador, pasa a convertirse no Robin Hood perverso, a roubar aos máis indefensos, os pensionistas, e aos traballadores en xeral para entregarllo aos poderosos.


O máis coñero de todo isto e que logo de prometer solemnemente que nunca tocaría os dereitos sociais, e despois de deixar tremendo a os traballadores, nin siquera dimite, que é o minimo que ten que facer, dimitir e exiliarse a calquera dos paises que tan solidariamente axudou. En calquera pais minimamente civilizado esto sería o normal, e en Xapón se farían o hara-kiri, pero este caradura sigue como si nada.


Seguro que ningún membro do goberno llo di, que para iso se rodeou de aduladores e non de xente preparada para gobernar, asi temos o exemplo de Solbes, que fuxiu como alma que leva o demo.

Crónica dunha morte anunciada, da champion league á rexional preferente.


Peta Zeta- Zeta Peta NUNCA MÁIS.




ZP ten que ser deFENEstrado!!!

7 comentarios:

  1. Que sigan haciendo planes E.

    Que creen empleo, que piensan que lo va a crear la empresa privada... estamos apañados.

    Que hagan unas convocatorias de funcionarios como Dios manda, y se crea empleo estable.

    Me dan !!!asco!!!, ah y peta zeta (buen apodo) que siga reuniéndose con el Díaz Ferrán, un genio de la empresa privada, muy bien por los empresarios manteniendo a este "genio" como presidente.

    Gracias a Dios que no nos dieron las olimpiadas, y espero que no nos den el mundial ese compartido, que lo organice alemania o Francia, que son los que siempre sacan las castañas del fuergo.

    Ahhhh, tanta inversión en bienestar social, y tras retirar el cheque bebé, España es el ultimo país de la unión europea en medidas concedidas a la natalidad, pero que muy bién señores del PSOE.

    ResponderEliminar
  2. HUELGA GENERAL
    viva la capacidad de los socialistas.
    el partido de la izquierda que rebaja sueldos, recorta prestaciones sociales, congela pensiones, ahhhh, pensé que estaba hablando de la derecha, pero nooooo, estamos hablando de la izquierda, pero que muy bien campeones....vamos de cine.

    Que vuelva Suárez¡¡¡¡¡, o mejor que regresen los políticos de antaño, no los de los trajes, palma arena, recalificaciones y de lo mio que etc....

    ResponderEliminar
  3. E o que queda. O plan E todos sabíamos que non creaba emprego pero a obra pública do Ministerio de Fomento si. E agora paralizada. Pero non estabamos na Champion. Fenomeno que eres un fenomeno ZP. Vaite xa.

    ResponderEliminar
  4. ¿Y a los jugadores de la gloriosa selección española de futbol?
    ¿También les congelan la talegada que cobran o se la bajan?

    ResponderEliminar
  5. E o Alcalde de Madrid anda pensando en presentarse ás olimpiadas do 2020. Pois nada, que sigan asi que vamos polo bo camiño.

    ResponderEliminar
  6. ZP el mentiroso-rectificador, estamos peor que Grecia.
    CIU y Coalicion Canaria VENDIDOS!

    ResponderEliminar
  7. ANPA DO CEIP OS CASAIS
    Lg. Casal, s/n
    15520 MANIÑOS


    D. IVÁN PUENTES RIVERA
    ALCALDE DO CONCELLO DE FENE


    Maniños , 27 de maio de 2010


    Sr. Alcalde,

    En relación coa reunión mantida por parte de Dna. Cristina Pérez, Dna. Mª Carmen Martinez, Dna. Pilar Rodríguez, Dna. Teresa Sanjuán, Dna. Sonia Rico e Dna. Manuela Espiño en representación da ANPA RIO DE VA do CEIP Os Casais con vostede e coa conselleira de Cultura Dna. Carmen Silvar Canosa o pasado día 11 de maio do ano en curso, desexamos expresar o seguinte:

    Consideramos que por parte de vostede estase a tratar de forma discriminatoria xa non so ao CEIP Os Casais senon ao resto dos centros de ensino do termo municipal, salvo algunha excepción que como xa todos sabemos “toda regra a ten”

    Do compromiso de facer fronte por parte do Concello aos gastos de transporte para que o centro dos Casais poda levar a cabo as excursions previstas de realizar, sen que isto supoña un gasto excesivo para os pais e nais, a día de hoxe continuamos á espera da súa confirmación telefónica .

    Do escrito presentado no que se relacionaba as obras e investimentos que consideramos prioritarias de realizar nos centros de ensino, xa estamos a piques de rematar o curso escolar e a día de hoxe no se fixo absolutamente nada.

    Seguimos á espera das explicacións de por que non están aboadas as subvencións municipais do ano 2009, cando o compromiso adquirido por vostede o pasado día 21/12/2009 foi que ditas axudas “estarían abonadas antes do 21/03/2010”.

    Por todo elo, e como aínda recordamos o seu interese polo estado dos centros de ensino cando vostede estaba na oposición e se ofrecía a manter reunións coa representación da ANPA para coñecer as nosas demandas, dende esta mesma ANPA queremos emprazalo a que fixe unha data antes do remate do actual curso escolar, tanto a vostede, como alcalde, como á Sra. concelleira de Cultura, para que explique a toda a comunidade educativa o por que do que nós consideramos deixadez do Concello de Fene co noso centro de ensino, xa non só nos temas aquí comentados senon tamén outros dos que o Concello xa ten sobrado coñecemento: pavés, humidades, pintado interior etc.

    Iso sí, no caso de que nos honrara coa súa visita, prégolle nos traia feitos e solucións ás nosas demandas, non só compromisos que como xa o tempo demostrou, non nos sirven absolutamente de nada.

    A espera dás súas noticias, reciba un atento saúdo,


    Sinatura,



    Presidenta en funcións da ANPA CEIP Os Casais

    ResponderEliminar