sábado, 15 de mayo de 2010

Zeta Peta, "O Talante-Inoperante"





España, el pichichi de la Champions League económica


"En esta Champions League de las economías mundiales, España es la que más partidos gana, la que más goles marca y la menos goleada"














E asi poderiamos seguir ata o infinito, Zeta Peta "O condonador", o do "talante-inoperante", convertido en salvapatrias terraqueo, xeneroso e adalid mecenas do mundo mundial, regalando cartos a diestro e siniestro por eses mundos de Deus... ata que... unha chamadilla do Obama e da Merkel, espertano dos seus sonos de gloria, de Presidente-Inoperante de turno da U.E, de benefactor dos desválidos, de maese creador de Plans E e carteis do devandito plan que enchen as cunetas do país.


O artifice para a creación do parque debaixo da autoestrada en Fene,e da porta de Brandenburgo en Torrexón de Ardoz, posto firme e a la ordén polos mandatarios e multinacionais extranxeiras, e xa se sabe, chegou o comandante e mandou a parar, polo que de supeto, o sono convertese en pesadelo, e o iluso magnanimo creador, pasa a convertirse no Robin Hood perverso, a roubar aos máis indefensos, os pensionistas, e aos traballadores en xeral para entregarllo aos poderosos.


O máis coñero de todo isto e que logo de prometer solemnemente que nunca tocaría os dereitos sociais, e despois de deixar tremendo a os traballadores, nin siquera dimite, que é o minimo que ten que facer, dimitir e exiliarse a calquera dos paises que tan solidariamente axudou. En calquera pais minimamente civilizado esto sería o normal, e en Xapón se farían o hara-kiri, pero este caradura sigue como si nada.


Seguro que ningún membro do goberno llo di, que para iso se rodeou de aduladores e non de xente preparada para gobernar, asi temos o exemplo de Solbes, que fuxiu como alma que leva o demo.

Crónica dunha morte anunciada, da champion league á rexional preferente.


Peta Zeta- Zeta Peta NUNCA MÁIS.




ZP ten que ser deFENEstrado!!!