lunes, 31 de agosto de 2009

DELIRIOS DE GRANDEZA

vidas ejemplares :

El otro Vaticano





Fecha de publicación:



Domingo 16 de agosto de 2009
LUIS VENTOSO

En relación a su depauperado entorno, Costa de Marfil no es de los peores lugares de África. Pero aún así, no está para echar foguetes: el 42% de la población vive en la pobreza y el país ocupa el puesto 190 del mundo en renta per cápita.


Costa de Marfil se independizó de Francia en 1960. Desde aquel día su presidente fue el médico rural Félix Houphouët, que solo accedió a dejar el cargo en 1993 debido a un pequeño problema: se murió. Papá Houphouët, que así le llamaban, era un títere de París, con los habituales delirios de todo sátrapa con largos años de poltrona. Trasladó la capital del país a Yamoussoukro, el poblacho donde había nacido, y se labró un petiño multimillonario por cortesía de sus 33 años en el cargo.


En 1986, Houphouët se puso estupendo y decidió hacerse un autohomenaje: levantaría en su pueblo una réplica exacta de la basílica de San Pedro de Roma, plaza de Bernini incluida. Las obras duraron cuatro años y costaron 300 millones de dólares de entonces. En realidad, el presidente superó al original: la cúpula del clon es un poco más alta que la de Miguel Ángel en Roma; los reclinatorios, de nobles maderas, cuentan con aire acondicionado; las vidrieras, llenas de santos arios, son suntuosas... Papá Houphouët dijo que había pagado la obra de su bolsillo. Nadie lo creyó. El propio Vaticano se escandalizó por tal dispendio en un país rezagado y al principio se negó a aceptar la catedral. Luego, en una solución muy curil, la recibió a cambio de que el presidente africano levantase al lado un hospital para pobres y una universidad. Houphouët puso las primeras piedras, pero jamás los construyó. Lo que sí sigue allí, varado en un lugar ignoto, es el Vaticano 2, convertido en un raro monumento a la más estúpida megalomanía.


(Si la historia anterior le ha resultado lejana y demasiado exótica, puede volver a repasarla poniendo Galicia donde figura Costa de Marfil y Monte Gaiás en donde dice Vaticano 2).


La Voz de Galicia.





Y ya a un nivel local, si las historias anteriores les han resultado lejanas y demasiado exóticas, pueden volver a repasarlas poniendo Fene donde figuran Costa de Marfil y Galicia, y donde dice Vaticano 2 y Monte Gaiás, ponganle Acondicionamiento ambiental para zona de paso, ajardinamiento y esparcimiento de la población bajo el viaducto de Vilanova (AP-9).


Y es que una gran mayoría de gobernantes, tanto sean dictadores africanos, como alcaldes de pueblo, tienen, al fin y al cabo, delirios de grandeza.


Alguno tiene que ser deFENEstrado!!!

jueves, 20 de agosto de 2009

UN BANDO "ORNAMENTAL"


Vilar do Colo (fotos de fene.com)



BANDO

Visto o disposto no artigo 9 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia os propietarios de toda clase de terreos deberán mantelos en condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade e ornato público así como conservaráne manterán o solo natural e se é o caso a masa vexetal nas condicións precisas que eviten a erosión e os incendios, impedindo a contaminación da terra, o aire e a auga.

Lémbraselles polo tanto a todos os propietarios de toda clase de terreos, ben sexan rústicos ou urbáns, que deberan proceder á limpeza e recollida de maleza e acondicionamento dos terreos así como poda dos setos e matorrais sobre todo nas marxes do viario e camiños existentes.

Por todo esto esta Alcaldía lembra aos propietarios que adopten as medidas oportunas, tendo en conta que do seu incumprimento poden derivarse sancións administrativas.

O que se fai público para o seu xeral coñecemento.

Fene, dous de marzo de dous mil nove

O ALCALDE




Asdo.: Iván Puentes Rivera




Esta é outra das comedias ás que nos ten xa acostumados o Sr. Alcalde, e a verdade é que non ten moita gracia.

Resumindo, o Concello de Fene saca un bando para que os veciños limpen os terreos, e, en caso contrario, a Alcaldía poderá derivar sancións administrativas.

¿E que pasou?. Pois absolutamente nada, ese bando é unha cousa que se fixo para adornar, para quedar ben e para facer bonito, e decir que en Fene se fan cousas.

Vamos a ver, non vou enumerar aqui todos os "silveiróns" que hai no Concello, xa que botaría escribindo ata que ao teclado se lle borren as letras, pero si vou a poñer tres exemplos, máis que nada a modo significativo.

Un é a finca que hai en Perlío enfrente a "Carburos Metálicos", usado hai tempo como aparcamento do mercadillo de Perlío e, hasta fai pouco ou na actualidade, como depósito de "merda en general" tanto de empresas como do propio Concello, aquelo é para ver, un "peazo" silveirón preto das vivendas.

Outro é a finca que hai enfrente ao "Eroski", xunto ao aparcamento do colexio e ao propio colexio, que tamén se vai extendendo por toda a beira do Tarrío.

E, para rematar, a selva que hai debaixo da autoestrada en Barallobre, que invade ata os antiguos Hexágonos e ata as vivendas que hai na zona.

¿Aplicouse o Bando nalgún caso?. Non, non e non, e non se vai aplicar. Logo, si ven o lume, xa botaremos as mans á cabeza.

Suma e segue...

Algún ten que ser deFENEstrado!!!








sábado, 15 de agosto de 2009

FENE, DESCÚBREO!!!

«Es una infraestructura de la máxima prioridad»

Iván Puentes | Alcalde de Fene

Fecha de publicación:
14/8/2009

La depuradora es «una infraestructura de la máxima prioridad en todos los ámbitos, tanto en el social como en el económico», subraya el alcalde de Fene, Iván Puentes, que remacha: «Le daría una prioridad de diez sobre diez, sin duda». Puentes señala que la falta de saneamiento anula parte de los atractivos turísticos que podría ofrecer Fene: «No es fácil vender al turista playas como San Valentín o Barallobre, a las que llega un olor muy fuerte cuando baja la marea aunque las aguas sean aptas para el baño». En cuanto a la depuradora de la margen sur, el regidor cree que la Xunta «debe terminar con los bailes de fechas» que comenzaron con el cambio en la Xunta y poner sobre la mesa «un calendario exhaustivo de plazos». Puentes recordó que el saneamiento es una promesa que data de los años de Xosé Cuíña, que fue «incumplida por el Gobierno de Fraga» y para la que el anterior conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Pachi Vázquez, «ofreció unos plazos seguros que la nueva Xunta ha dejado en el aire».

LA VOZ DE GALICIA.


Sendo un pouco obxectivos, e supoño que a todos nos costará un pouco, xa que supoño que para a maioría, Fene é o máximo, hai que suliñar a fixación que ten o Sr. Alcalde en convertir a Fene na meca do turismo galaico.

Non se pode negar que a depuradora non so é totalmente prioritaria, senón que xa hai ben anos que tiña que estar funcionando. Pero, supoñendo que a ría estivera xa saneada, hai unha cuestión que temos que meditar:

Si a calquera de nos, nos veñen visitar uns parentes ou amigos, señan de Madrid, Segovia ou Chiclana, ¿Levariamolos as praias de S. Valentín ou de Barallobre?.

Eu creo que non, en tal caso levariamolos a Cabanas, Seselle, Valdoviño, Doniños... incluso me atrevo a decir que tampouco os levariamos ás praias de Limodre.

Por iso, non sei moi ben a que ben esa idea de facer apoloxía do turístico que é Fene, poñendo incluso unha caseta de información turística. Temos que recoñecer que si nin a naturaleza nos deu grandes cousas, nin os nosos antergos nos deixaron grandes bens patrimoniais, tampouco pasa nada.

Nembargantes, en cousas que si pode actuar o Alcalde para atraer turismo, non fai nada, pero o tema non é que non faga nada, senón que tampouco deixa facer aos demáis.

Esto ven a conto de, por exemplo, as festas de Fene. Si Pedro "o do Aturuxo", Justo, Juan, e demáis compañeiros non fan as festas, están quedan sin facer, é o que hai.
Pero non só é iso, a esto hai que engadir todos os problemas que se lle engaden dende a administación local en forma de todo tipo de trabas.
(Dende eiqui quero rendir un sinceiro homenaxe a estas persoas, sin as cales, indudablemente, non habería festas en Fene.)

Eu non digo que en Fene se fagan unhas festas como as do Apostolo ou San Froilán, pero, con apoio do Concello se poderían facer grandes festas. E non hai que ir moi lonxe para ver boas festas en concellos máis pequenos que Fene, como son As Somozas, As peras en Pontedeume, Cedeira, Ortigueira, Miño, Neda...

Por iso, quero rematar decindolle ao Sr. Alcalde que se deixe de lerias, de vender fume de que Fene é un destino turístico de primeiro orde cando el mesmo bota o tempo de lecer polas terrazas de Pontedeume, e se implica máis no que pode, que é facer unhas festas decentes ou polos menos colaborar nelas.

¿Canto da o concello de Fene para as festas de Fene?. ¿200, 300,400 €?. ¿É cantos anos despois os paga?

Algún ten que ser deFENEstrado!!!



lunes, 10 de agosto de 2009

VAMOS A CONTAR MENTIRAS ¡TRALARA!

Domingo 9 de Agosto de 2009
FENE
A Concellería de Servizos amañará as vías de acceso ás praias de Limodre
REDACCIÓN > FERROL
O Concello de Fene, a través da área de Servizos, que dirixe o socialista José Antonio López, ven de anunciar que en breve se acometerán unha serie de traballos para mellorar o camiño de acceso ás praias da parroquia de Limodre. “Na actualidade esta estrada se atopa en bastante mal estado. O seu adecentamento é prioritario e necesario, tamén porque nestes meses de verán o número de usuarios da mesma aumenta”, explicou López.
Agárdase que nos próximos días se concrete a data de inicio duns amaños que incluirán un desbroce previo e dous regos asfálticos que melloren o firme do camiño, según poñen de manifesto desde o consistorio.
Asemade, o edil de Servizos explicaba que “se ben a estrada que se vai amañar, que é a que chega á praia de Río Sandeo, o precisa, ocorre o mes coa de Río Castro, pola que transcorre parte das obras da EDAR. É por iso que se está negociando coa empresa adxudicataria destas obras o asfaltado da mesa coa maior brevedade posible”, explicou López.
Desde a Concellería de Servizos lémbrase tamén que as tarefas de desbroce que comezaron en semanas anteriores manteranse durante todo o mes de agosto. Así, ata o de agora xa foron desbrozadas as parroquias de Fene e Magalofes, en Limodre empezarase a vindeira semana e logo continuarase co resto das parroquias. Ademais, según informan desde a referida área municipal, estanse atendendo tamén as peticións veciñais con respecto a zonas onde o desbroce é máis urxente por mermar a seguridade viaria.
DIARIO DE FERROL


Eiqui hai algo que vai mal, ou ben o responsable de servizos non se entera, ou actua de mala fe e minte coma un bellaco.


Os camiños de Magalofes NON foron desbrozados, polo menos na súa totalidade, xa que dando un paseiño pola zona da pista polideportiva se pode observar como aquelo está todo sin desbrozar.


Descoñezo si hai moitos máis sitios sin desbrozar en Magalofes, pero o que é certo é que a parroquia non esta desbrozada ao completo.


É polo que se pide un pouco máis de sinceridade e realidade antes de comunicar certas cousas na prensa, máis que nada para que a xente non se leve a enganos.


Algún ten que ser deFENEstrado!!!



lunes, 3 de agosto de 2009

Falando da Rubber, ¡Non se ruboriza!

O PSOE fenés urxe ó Concello unha solución para as miles de toneladas de neumáticos amoreadas na Rubber

Na antiga fábrica hai abandonadas miles de toneladas de caucho entre maleza.

15/11/2006

O voceiro do grupo municipal do PSdeG-PSOE en Fene, Iván Puentes, demandou ó Concello unha solución ó grave problema sanitario e medioambiental creado na Ruber co abandono de miles de toneladas de neumáticos tralo peche da fábrica. Puentes aproveitou o pleno municipal celebrado onte para trasladar ó equipo de goberno as denuncias que teñen recibido os socialistas por parte dun importante número de veciños respecto á situación na que se atopa a nave desta antiga factoría de recauchutados

NOTICIA APARECIDA NA PÁXINA DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE FENE

Pois si, xa hai case que tres anos había un grave problema sanitario e medioambiental co abandono de miles de toneladas de neumáticos, e AGORA TAMÉN.
O verano xa está aqui,e ainda que non temos bo tempo, este pode chegar en calquera momento, e o perigo dalgún lume que se aproxime ao lugar tamén.
A contaminación que se estaba a producir daquela, suma e segue.

Feitos consumados ata o de agora, nadiña de nada, levamos a metade da lexislatura e non se tomou ningunha medida.

¿Seguiran recibindo os socialistas denuncias por parte dun importante número de veciños?

Pois seguramente que non, posto que para recibir denuncias, primeiro hai que atender á xente, e esto agora mesmo na Casa Consistorial e sumamente complicado, polo menos por parte do daquela voceiro e agora Alcalde.

¿Fará o Alcalde algo para solucionar este tema?

Ja, ja, ja, me lo dices o me lo cuentas...

Algún ten que ser deFENEstrado!!!